miércoles, 27 de octubre de 2010

Experimentamos: A EVAPORACIÓN

Esta mañá, na aula de 4 anos, tocou experimentar a evaporación da auga. Grazas á mestra Emma que trouxo á escola un quenta-biberóns puidemos quentar a auga e descubrir o que os nenos e nenas chamaban "fume": o vapor de auga.
Cando o auga se quenta, esta pasa dun estado líquido a un estado gaseoso convertíndose en vapor de auga. O mesmo descubrimos nas fiestras da nosa clase: debido ao calor que facía dentro da mesma, os vidrios estaban cubertos de vapor e todo isto é debido ao cambio de temperatura que experimenta o auga.
Por outra banda, queremos que vexades como se vai enchendo o corcho da nosa aula cos debuxos aportados polas familias sobre a pregunta: como pensas ti que é a gotita Clarita?

No hay comentarios:

Publicar un comentario