jueves, 29 de abril de 2010

Crebacabezas







GRAZAS KIKO DA SILVA

Fai dous anos, cando os nenos e nenas que están agora en 5 anos tiñan 3, realizamos un pequeno proxecto sobre o conto "Rato de campo e rato de cidade", editado por Kalandraka e ilustrado polo autor Kiko da Silva.
A verdade é que foi un conto que lles gustou moito aos nenos e nenas e que sempre lembramos... ben, pois hoxe, recibimos unha sorpresiña no cole; o propio Kiko da Silva estivo no aquí e tivo o placer de adicarnos o proxecto elaborado polo alumnado (agora en cinco anos).
Aquí vos deixamos as imaxes e os links ao proxecto elaborado no curso 2007/2008 e ao blog do autor.

BLOG DE KIKO DA SILVA: http://kikodasilva.blogspot.com/

VISITA O PROXECTO REALIZADO SOBRE O CONTO "RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE"

http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=34

A Pirámide Alimenticia

Como sabedes, este ano andamos "entre pratos, fariña e alimentos" grazas ao noso Obradoiro de cociña... e, todo isto, para mostrarlle a "pequena eiruga larpeira" como levar unha boa alimentación.
Para iso, é necesario coñecer a Pirámide Alimenticia, onde atopamos a clasificación dos alimentos en máis ou menos saudables, as cantidades recomendadas, etc.
No corredor da aula de cinco anos quixemos montar a nosa propia e, a verdade, é que está quedando moi ben.

lunes, 26 de abril de 2010

Probamos os traxes para a obra de teatro

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a ensaiar unha obra de teatro: "Queres xogar comigo?", basada no libro de Eric Carle. Grazas á colaboración das familias e das mestras e mestres, poderemos caracterizarnos como cada un dos animais do conto: cabalo, hipopótamo, xirafa, mono,... a que estamos guapísimas?

domingo, 18 de abril de 2010

Receita número 7

Este martes, tivemos unha "nova edición" do noso Obradoiro de Cociña. A receita escollida foi "Macedonia de Froitas" e, simplemente podemos dicir, que foi todo un éxito... ata nenos e nenas que non comen, polo xeral, a froita, degustaron ata dous vasos de macedonia.

CHEGAMOS ÁS 1000 VISITAS

DENDE O NOSO BLOG, QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE, DÍA A DÍA, VISITAN O NOSO BLOG.

domingo, 11 de abril de 2010

Proxectos da eiruga_4 e 5 anos

Xa temos colgados na nosa páxina web do cole (http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/)
dous novos proxectos. Son os da eiruga larpeira, elaborados polos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
En breves, colgaremos o de 3 anos, pero áinda están a rematar algúns detalliños.
Se queredes acceder as súas imaxes, soamente tedes que premer na imaxe posterior da eiruga... ADIANTE.