miércoles, 30 de noviembre de 2011

Traballamos co cadro "El Hortelano" do artista Arcimboldo

Aquí vos deixamos unha nova actividade para a pizarra máxica; nesta ocasión, enfocada á arte e ao traballo de "aprender a pensar" e "aprender a mirar".
O cadro co que nos divertimos é, nesta ocasión, o titulado "El hortelano" do artista Arcimboldo.
Que pode agacharse debaixo desa sombra negra?, que miramos?, que pode ser?, é un home?, é un frutero?... son distintas preguntas que xurdirán na realización das fichas e que o alumnado debe resolver.

Podedes descargar a actividade premendo na imaxe que aparece debaixo ou no enderezo web.

martes, 29 de noviembre de 2011

Facemos unha careta da castañera

Aquí vos deixamos unha manualidade moi divertida para esta época do ano:
UNHA CARETA DE CASTAÑERA.

En primeiro lugar, descubrimos no blogue http://piruletacolorines.blogspot.com/ o debuxo dunha castañera que nos pareceu moi divertida


O primeiro que fixemos foi "picar" os ollos da castañera; unha vez picados, puxemos un papel celofán de cor azul por detrás.
 Posteriormente, coloreamos a cara de cor "carne" e o pano de cor vermello.
 Unha vez coloreado, podemos darlle ao debuxo un pouco de textura pegando papeis de cor vermello sobre o pano.
A continuación, fixemos lazos con papel pinocho vermello que lle pegamos onde ata o pano.

Quedou moi chulo, verdade??

Recursos para o Nadal

Grazas á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística  podemos disfrutar de milleiros de recursos para traballar o Nadal, que xa o temos á volta da esquina.

Poderedes acceder aos recursos premendo na imaxe ou na ligazón que aparece debaixo.


Por outro lado, poderedes descargar e imprimir as cartas aos Reis Magos premendo nas ligazóns que aparecen debaixo.


lunes, 28 de noviembre de 2011

25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado venres, 25 de novembro, conmemoramos na escola o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este ano, nas aulas de educación infantil elaboramos uns murais titulados "PODO SER O QUE QUEIRA" en relación á actividade proposta dende o sindicato STEG.
(aquí vos deixamos a ligazón das diferentes actividades e onde poderedes atopar a que levamos a cabo o venres

Fixemos unha asamblea co alumnado onde falamos dos diferentes oficios, que persoa pode realizar determinadas profesións, ... presentando diferentes "traxes" dos oficios pero sen o debuxo da cara.
Cada un dos nenos e nenas colleu a súa foto e a colocou xunto co traxe da profesión elixida, recalcando en todo momento que a poderían realizar tanto homes coma mulleres.
Con todas esas imaxes, realizamos un mural por aula titulado PODO SER O QUE QUEIRA e onde queda constancia que cada un pode escoller libremente o oficio que quere desenvolver nun futuro, pero sen diferencias de xénero nin discriminacións.

Por outro lado, lembramos o conto titulado "Mis abuelos" do libro "Pepe y Felisa" e realizamos xogos cooperativos onde os bicos e as apertas foron os protagonistas.

Ata a próxima!!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Actividades para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (I)

O vindeiro venres, 25 de novembro, se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Dende as aulas de educación infantil, estamos a traballar este tema (sempre adaptado á nosa idade) e queremos facer unha recomendación e compartir experiencias cos nosos lectores e lectoras.
Unha das lecturas que vos recomendamos é un conto que atopamos no libro titulado "Pepe y Felisa"
Filosofía para nenos. PEPE Y FELISA. Aprender a pensar.
Autora: María Palmero Cremades
Editorial: Rústica
ISBN: 978-84-922009-3-1

Sinopse: o libro preséntase como un conxunto de narracións curtas sobre situacións rutinarias que invitan ao aprendizaxe cognitivo, ao razonamento e á expresión en grupo, aplicando a metodoloxía de Lipman. Conta cunha Guía do Mestre con suxerencias de temas, plans de discusións  e actividades para cada un dos capítulos.
 
O Capítulo que narramos é o número 2, titulado "Mis abuelos" e traballamos con preguntas relativas ás demostracións de afecto: bicos e apertas.
Algunhas preguntas en relación ao conto poden ser: Cando podemos dar bicos e apertas ás persoas?, Gústache dar bicos e apertas?, A cales persoas bicas e abrazas normalmente?, Podemos dar bicos e apertas aos animais?,... 

Outra das recomendacións "lectoras" pode ser o conto "Unha manchea de bicos" da Editorial Xerais.
 UNHA MANCHEA DE BICOS
Autora: Antonia Ródenas
Ilustradora: Carme Solé Vendrell
Editorial: Xerais
ISBN: 978-84-8302-681-6
Sinopse: Kati, a protagonista desta historia, ten unha caixa chea de bicos que vai regalando a todos os compañeiros. Desta maneira fai que se sintan felices. Pero Diego chámalles parvos, empúxaos, colle o que quere sen mirar quen o ten... Aínda así, a ledicia dos demais compartindo bicos de todos os sabores fai que se sinta só e acabará pedindo perdón e dando tamén bicos de caramelo. Daquela a mestra xa non estará enfadada e contaralles unha desas historias longas, como ela fai cando están caladiños.

A sinopse do conto atopámola do libro "Medrando sans. De sentimento en sentimento... de emoción en emoción", publicado pola Xunta de Galicia.

 Neste libro poderedes atopar orientacións e actividades prácticas para traballar na aula sobre o conto do que vos falamos. 


lunes, 21 de noviembre de 2011

Canto sabemos do Outono!!! Nova actividade para o Encerado Dixital

Como xa vos contamos dende fai un tempo, na aula de 3 anos do colexio estamos a traballar co Outono. Esta actividade que aquí vos presentamos a podemos considerar coma un "repaso" de todos os contidos traballados: tipos de árbores segundo a súa folla (perenne ou caduca), tipos de froitos (secos ou carnosos), festas celebradas na escola (Magosto e Samaín),...
Agardamos que vos guste.
Para poder descargar a actividade, soamente tes que premer no enderezo que aparece abaixo ou na imaxe da actividade.


sábado, 19 de noviembre de 2011

Nova imaxe do blogue

Como xa poderedes observar, o noso blogue fixo un "lavado" da súa imaxe e agora se presenta cunha nova cabeceira e novos contidos.

 Co motivo da chegada ás 10.000 (GRAZAS A TODOS E TODAS POLAS VOSAS VISTAS!!!)
visitas fixemos unha serie de cambios e novas neste blogue.
Engadimos unhas novas pestañas na parte inferior da cabeceira para facilitar o acceso a páxina web do cole así como aos portais onde se recollen diferentes actividades dirixidas á pizarra máxica álbumes Picasa, actividades LIM,...
Agardamos que vos guste e esperamos os vosos comentarios.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Actividade para o EDI: "Pensa que ves" (Xogando con ARCIMBOLDO)

Xa podedes acceder a unha nova actividade para o Encerado Dixital Interactivo (EDI) ou "pizarra máxica".
Esta vez, vos presentamos unha actividade dirixida ao alumnado de educación infantil (tamén ao de primaria) onde traballamos cun cadro do artista Arcimboldo, concretamente con este:

"O outono"_1573_Museo do Louvre (París)
A actividade está dirixida a traballar APRENDENDO A PENSAR polo que a imaxe do cadro non se amosa na súa totalidade senón que, pouco a pouco, o alumnado vai mirando un anaquiño da imaxe e teñen que pensar que podería ser iso que se amosa.
Ao prensentar o cadro deste xeito, creamos un momento de intriga e despertamos a curiosidade. Formulamos diferentes preguntas: que ves?, que cores ves?, onde podería estar iso que miras?,...
Aquí vos deixamos unha mostra do que eles ven e que poderedes atopar ao descargar a actividade.
Para acceder á actividade e poder xogar con ela, podes dirixirte á Wiki do noso cole onde as temos almacenadas (preme no enderezo web ou na imaxe da portada da actividade e accederás á páxina onde está aloxada)

http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Estaci%C3%B3ns+do+ano


martes, 15 de noviembre de 2011

Que será?... utilizando os sentidos no Outono.


O alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) estivo a traballar no seu proxecto sobre o Outono dunha forma moi especial: con ollos pechados; tocamos, olfateamos, escoitamos, degustamos pero non puidemos ver ata o final o que estabamos a sentir.
O alumnado estaba moi atento ao que ía suceder...
A mestra Lorena tiña unha bolsa nas súas mans e, dentro dela, había varios froitos do outono. Este podían ser secos ou carnosos pero, como o saberiamos se tiñamos os ollos pechados?... pois utilizando o resto dos sentidos e, moi importante, describindo o que estabamos a sentir: é duro?, suave ou áspero?, grande ou pequeno?, ten olor?, como sabe?,...
Estes son algúns dos froitos que había na bolsa.
Recomendamos realizar actividades deste tipo na escola; axudan a desenvolver outros sentidos que, polo xeral, non traballamos tanto como a vista.
Por outro lado, é moi bo porque aprenden a describir, a facer comparacións (grande coma que?, pequeno coma...?,), atrévense a probar sen mirar, a saborear, a tocar,... unha experiencia totalmente recomendable.


lunes, 14 de noviembre de 2011

Degustación do outono

O pasado venres, 11 de novembro, realizamos na escola unha degustación de productos de outono.
O primeiro que temos que dicir é GRAZAS FAMILIAS; como cada vez que facemos esta actividade, a colaboración é fantástica!!!
Este ano, os nenos e nenas de 4 e 5 anos foron os encargados de invitar ao alumnado de 3 anos a degustar productos e postres típicos da estación do ano na que nos atopamos.
Todos os alimentos que trouxeron viñan acompañados dunha nota informativa onde se amosaba o nome do neno ou nena, o nome do alimento que trouxeran e un debuxo do mesmo.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
 Os nenos e nenas de 4 e 5 anos explicaban aos seus compañeiros o alimento ou postre que trouxeran.
 E o importante: DEGUSTAR!!! e probar.