Os nenos e nenas de cinco anos estivemos a traballar o equilibrio cunha actividade moi divertida "A SERPE" coa profe de Educación Física. Aquí queda unha pequena mostra desta divertida actividade.
Páginas
▼
viernes, 28 de octubre de 2016
jueves, 27 de octubre de 2016
SAMAIN
MURAL DE SAMAIN
Os nenos e nenas de educación infantil estivemos estes dias moi atarefados facendo o mural do SAMAIN, aquí vos deixamos un video que recolle unha mostra do noso traballo.Esperamos que vos guste.
miércoles, 26 de octubre de 2016
SAMAÍN
O vindeiro venres celebraremos todos
xuntos o SAMAÍN no colexio!! Para decorar as zonas comúns os nenos/as de 3 anos,
a parte dos morcegos que fixemos na casa coas nosas familias...
...fixemos unhas cabazas xigantes que
nos quedaron moi bonitas!
Entre todos picamos con punzóns moitas
tiras longas de cor laranxa e dúas follas verdes para cada cabaza.
Logo fixémoslle uns buratos no borde,
xuntamos todo e separamos as diferentes tiras. Así de fermosas quedaron!
martes, 25 de octubre de 2016
BiblioRia
O GRAN DÍA
O día 24 de outubro, como xa sabedes, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e foi
o día sinalado para facer a reapertura da nosa Biblioteca Escolar.
Fixemos
moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que
imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con
todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar. O título do
proxecto de centro deste ano é
"AS MARABILLAS DO MUNDO"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía nada mais chegar ao cole. Invitamovos a visitar o blog da BiblioRia para que vexades todo o que alí se desenvolveu.

"AS MARABILLAS DO MUNDO"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía nada mais chegar ao cole. Invitamovos a visitar o blog da BiblioRia para que vexades todo o que alí se desenvolveu.

lunes, 24 de octubre de 2016
SAMAIN
SAMAÍN
Os nenos e nenas de cinco anos estes dias estivemos moi atarefados facendo manualidades para decorar os nosos corredores para o SAMAIN.
o primeiro que fixemos foi unha pantasma con pratos de papel
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN
viernes, 21 de octubre de 2016
GASPAR
ENTRA NO BLOGUE DA BIBLIO E ATOPARÁS AS SÚAS NOVAS PARA ESTE CURSO.
http://biblioria.blogspot.com.es/
jueves, 20 de octubre de 2016
PSICOMOTRICIDADE
EN INFANTIL MOITO NOS MOVEMOS
Así, durante unha hora semanal a través dunha proposta educativa do máis
variada, os nenos e nenas máis pequenos do noso cole afianzan a súa
identidade e autonomía persoal, o esquema corporal, a lateralidade...
baixo unha perspectiva lúdica na que a particiapación, o respecto e a
socialización xogan (entre outros) un papel importantísimo.
O manexo de material específico deste área (aros, cordas, pelotas, colchonetas...) resulta para todos eles o eixo motivador.
Ademaís, como podedes apreciar nas fotografías, xunto co quentamento e
parte principal de cada unha das sesións, como parte final tamén
aprenden a volver á calma traballandoo co control da respiración, para
vovler ao aula o suficientemente calmados despois de pasalo tan ben.