viernes, 26 de marzo de 2010
miércoles, 24 de marzo de 2010
IMAXES OBRADOIRO DE COCIÑA
LEMBRAMOS A TODOS OS USUARIOS DO BLOG, QUE PODEDES VISITAR A NOSA PÁXINA WEB DO COLE, ONDE ATOPAREDES TODAS AS NOVAS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS ASÍ COMO, NO APARTADO "GALERÍAS", AS IMAXES DOS TRABALLOS, VISITAS COMPLEMENTARIAS, ...
POR OUTRO LADO, XA ESTÁN "COLGADAS" AS IMAXES DO NOSO OBRADOIRO DE COCIÑA ATA A SESIÓN NÚMERO 6 (QUE É A ÚLTIMA REALIZADA)
Páxina web do cole
Álbum do Obradoiro de Cociña
Nova receita para as familias. Receita nº6
Receita para as familias
RECEITA Nº6

PASTEL DE CHOCOLATE
INGREDIENTES
- 200 gr de chocolate de facer
- 200 gr de manteiga
- 200 gr de améndoas trituradas
- 200 gr de azucre en po
- 80 gr de fariña
- 5 ovos
PREPARACIÓN
Funde amodo o chocolate.
Cando o chocolate estea moi uniforme engadiremos a manteiga cortada en pequenos dados e removeremos atE obter unha mestura homoxénea.
Bate nunha ensaladera as xemas con azucre, incorpora o chocolate coa manteiga, engade a fariña e as améndoas trituradas batendo fortemente para evitar que se formen grumos.
Incorpora coidadosamente as claras dos ovos batidas a punto de neve.
Verte coidadosamente a mestura nun molde e introdúceo Ao forno, precalentado a mediana potencia, deixándoo cocer durante 35 a 45 minutos e xa está listo.
martes, 23 de marzo de 2010
Hoxe toca... "Bombóns de Chocokrispies"
Hoxe, martes 23 de marzo, toca no noso Obradoiro de cociña: "Bombóns de chocokrispies". Grazas a nosa mestra Ángeles que nos axudou coa receita e co microondas, puidemos elaborar uns boísimos bombóns de chocolate moi orixinais... disfrutade coas imaxes!!!... mmm!!! que rico
Traballamos no proxecto sobre a Eiruga Larpeira
Durante este segundo trimestre, estivemos a traballar nas aulas de Educación Infantil o conto "Unha eiruga moi larpeira". Queriamos algo orixinal, pol que decidimos elaborar unha eiruga-conto, é dicir, reproducir o conto da eiruga larpeira coa forma da protagonista... aquí vai un adianto... en breves, as familias do noso alumnado o disfrutaredes nas vosas casas.
A emoción...
Como ben sabedes, a semana pasada recibimos noticias de Eric Carle en resposta ao mail que lle enviamos.
Ao noso cole chegou unha carta dende o Reino Unido e, no seu interior, un montón de agasallos que disfrutar.
Aquí están as imaxes... todos xunt@s compartimos un momento que nos fixo moitísima ilusión... GRAZAS ERIC CARLE





Imaxes "Facemos madalenas"
Xa están aquí as imaxes da sesión do Obradoiro de cociña onde fixemos unhas boísimas madalenas... lamentamos non ter imaxes do resultado, pero aseguramos que estaban boísimas e tiñan moi boa presenza... pero coas prisas por comelas, as fotos quedaron sen facer...
domingo, 21 de marzo de 2010
GRAZAS ERIC CARLE!!!
Non sabedes a ilusión que nos fixo recibir por fin noticias de Eric Carle... o xoves pasado (18 de marzo) recibimos unha carta contestando ao mail que lle enviamos!!!
Aquí están os agasallos que nos chegaron á escola... en breves, as imaxes da celebración...
Por certo, grazas tamén a mestra Belén, por facilitarnos o seu mail...GRAZAS BELÉN.






jueves, 11 de marzo de 2010
Obradoiro de cociña-SESIÓN 4
Este xoves, tivemos a nosa 4ª sesión do Obradoiro de cociña. Misión: preparar unhas saborosas eirugas larpeiras.
Dentro de pouco, colgaremos neste blog a receita para a súa elaboración así como a adicada ás familias; mentres tanto, disfrutade coas imaxes.
Dentro de pouco, colgaremos neste blog a receita para a súa elaboración así como a adicada ás familias; mentres tanto, disfrutade coas imaxes.
Traballamos diferentes bandeiras
Este ano, as diferentes embaixadas do mundo envían ao noso cole distintos xornais do seu país. Nós, os nenos e nenas de educación infantil, traballamos tres delas nas nosas aulas: a bandeira galega, española e británica (en homenaxe ao autor dos nosos contos favoritos: Eric Carle).
Con elas, decoramos un dos corredores con entrada á nosa biblioteca... esperamos que vos gusten.
Con elas, decoramos un dos corredores con entrada á nosa biblioteca... esperamos que vos gusten.
Celebramos a SEMANA DA PRENSA
Como ben sabedes, durante esta semana celebramos a chamada "SEMANA DA PRENSA" no colexio.
Este ano, unha iniciativa moi curiosa acompañou os "preparativos" previos: mandar unha carta a cada unha das embaixadas dos diferentes países do mundo para pedir a súa colaboración, enviando diferentes periódicos.
Aquí tedes unha pequena mostra da nosa visita ao recuncho de prensa situado no porche do colexio.
domingo, 7 de marzo de 2010
Aprendemos a comer
Como ben sabedes, a eiruga larpeira colleu un bo empacho de tanto e tanto comer... para que isto non ocurra, é necesario coñecer a Pirámide Alimenticia e saber cales son os alimentos máis e menos saudables.
Aquí vos deixamos esta aplicación flash para que poidades xogar; preme na imaxe e accederás á actividade.

Na rede, atopamos milleiros de Álbumes Picassa con variadas imaxes; dende o noso blog, selecionamos algúns deles onde atoparedes alimentos variados para traballar na aula a Pirámide ou outras actividades sobre os alimentos e a cociña. Preme nos enlaces para acceder a eles.
GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORAIS SEMPRE COS DOCENTES CREANDO ESTES ÁLBUMES PICASSA
sábado, 6 de marzo de 2010
Convertímonos en bestas salvaxes
Grazas a mestra Belén Junquera e ao seu blog:
descubrimos unha ferramenta moi interesante:
Xoga con esta ferramenta e convirte o teu corpo nunha besta salvaxe... IGUAL QUE O CAMALEÓN CAMALEÓNICO... xa podes ser o animal que queiras, poñerte pés de elefante, rabo, cornos de xirafa,... ADIANTE.
Graciñas mestra Belén.
Transformando ao camaleón camaleónico
Os nenos e nenas de 5 anos levamos, dende o principio de curso, traballando sobre o conto "O camaleón camaleónico". Igual que no libro de Eric Carle, nós tamén transformamos ao camaleón, escaneamos o traballo, imprimímolo e seguimos a modificar o debuxo creado con anterioridade.
Aquí vos deixamos algúns exemplos...
Aquí vos deixamos algúns exemplos...



Receita número 3
Xa temos aquí a receita elaborada polo alumnado: Empanada de Xamón e Queixo. Fai algunhas semanas, publicamos as dúas anteriores e, esta semana, toca esta empanada. Se queredes ver as imaxes da súa realización, "baixade" un pouco que aquí as atoparedes.


Aquí están as imaxes da Sesión 3
O martes 2 de marzo, tivemos a nosa 3ª sesión do Obradoiro de cociña; a receita escollida foi "Empanada de Xamón e Queixo".
Grazas ás nosas cociñeiras do cole, puidemos dispoñer do forno da cociña durante todo o obradoiro, o que nos permitíu elaborar esta receita.
A verdade é que estaba boísimaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!... xa estamos pensando na próxima así que seguir moi pendentes do noso blog porque atoparedes todas as novas.
Grazas ás nosas cociñeiras do cole, puidemos dispoñer do forno da cociña durante todo o obradoiro, o que nos permitíu elaborar esta receita.
A verdade é que estaba boísimaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!... xa estamos pensando na próxima así que seguir moi pendentes do noso blog porque atoparedes todas as novas.
martes, 2 de marzo de 2010
Recomendamos...
A verdade é que todos os libros de Eric Carle teñen algo especial, pero este ano a recomendación que vos facemos e o libro "La pequeña oruga glotona" que conmemora o 40º aniversario da súa publicación.
De momento, non o atopamos en galego pero sí en castelán; aquí o tedes e, a verdade, non ten desperdicio...
A eiruga parece que cobra vida no conto: atravesa as froitas, tece o seu casulo, padece de dor de barriga e convértese nunha fermosa bolboreta.
Dende aquí vos animamos a que vexades este libro cheo de vida e que aos nenos e nenas lles encanta...
A eiruga parece que cobra vida no conto: atravesa as froitas, tece o seu casulo, padece de dor de barriga e convértese nunha fermosa bolboreta.
Dende aquí vos animamos a que vexades este libro cheo de vida e que aos nenos e nenas lles encanta...
Eric Carle é o protagonista indiscutible
Este ano, non podemos ter dúbidas sobre cal é a personaxe protagonista en Educación Infantil: ERIC CARLE.
O menú da eiruga larpeira
Entrega nº3 para as familias. Nova receita

ENTREGA Nº3
MARMELADA DE AMEIXAS
INGREDIENTES
-Dúas cuncas ou tres de ameixas vermellas.
-Por cada quilo de ameixas, agregar ¾ de quilo de azucre morena.
PREPARACIÓN
1. Lávanse baixo a billa, escórrense, ábrense e se lle quitan os Osos. Pésanse e por cada quilo de ameixas poñeranse tres cuartos de quilo de azucre. Póñense as ameixas nunha cazola e cócense a pouco lume, removendo constantemente coa espátula de madeira para que non se peguen.
2. Ao cabo de cinco minutos, a polpa estará branda e retírase a cazola do lume, deixando arrefriar lixeiramente. Lícuanse as ameixas ou críbanse.
3. Agrégase o azucre e vólvese poñer todo a lume lento 15 minutos. Retírase do lume e déixase repousar doce horas antes de poñer a marmelada en tarros de cristal, que se encherán ben. Gárdanse en lugar fresco.
Actividade: "Camiña con nós pola igualdade"
Como sabedes, o martes pasado (23 de febreiro) non puidemos realizar o noso Obradoiro de Cociña e fixemos a receita da brocheta de froitas o xoves; o motivo foi que recibimos na nosa escola a unhas chicas do Concello que levan a cabo as actividades do programa "Camiña con nós pola igualdade".
Xa as levamos recibindo durante anos e aquí tedes unha pequena mostra da actividade que levaron a cabo.
Xa as levamos recibindo durante anos e aquí tedes unha pequena mostra da actividade que levaron a cabo.
Se queres ver a totalidade das imaxes, preme no link que tes debaixo e accede á Galerías de Imaxes da páxina web do cole.
http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=135
http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=135
Suscribirse a:
Entradas (Atom)