Mostrando entradas con la etiqueta Eric Carle. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eric Carle. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de febrero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aulas 4 e 5 anos_"Maripepa, la mariposa"

A semana pasada, vivimos con Juanita unha nova experiencia a través dos seus contos: a xoaniña coñeceu unha nova amiga e con ela tivo novas sensacións; esta amiga era unha bolboreta chamada Maripepa.
Coma sempre, o primeiro que fixemos foi ler o conto e descobrir o que sabían os nenos e nenas deste insecto que tanto lles gustou. Falamos das dúas características, da súa cor, da súa forma, de se coñeciamos outras bolboretas, como eran, etc.
Unha vez traballado este aspecto, estivemos a falar sobre un tema moi importante: a paciencia. Grazas á historia de Maripepa comprendimos a importancia deste valor, de saber agardar. A bolboreta tivo que aguantar dentro do seu casulo durante moito tempo para se poder converter no fermoso animal que era. 
Doutra banda, lembramos a historia do conto "Unha eiruga moi larpeira", onde a protagonista do conto transfórmase nunha fermosa bolboreta despois dun longo proceso no que a paciencia é fundamental.
E nós? Sabemos agardar? Temos paciencia? Cada un identificou momentos nos que eles ou elas tiñan paciencia e momentos onde non a tiñan.
Unha vez rematada a parte oral, entre todos e todas estivemos a debuxar unha bolboreta na pizarra e, a continuación, cada un fixo o mesmo na súa folla, pintando ou decorando as diferentes bolboretas para as deixar ben bonitiñas.

          Se queredes descargar o conto "Unha eiruga moi larpeira" en formato para traballar co Encerado Dixital Interactivo, podedes premer na seguinte ligazón:
      http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Contos

Por outra banda, aquí vos deixamos unha actividade LIM para que xoguedes con esta eiruga e a súa historia que tanto gusta a pequenos e maiores.

viernes, 25 de marzo de 2011

Entrega de premios en Educación Infantil e Primaria

O venres pasado, os nenos e nenas das clases de infantil e primaria que participaron no proxecto "Un ano con... Eric Carle" recibiron o seu diploma pola consecución do 3ª Premio de Innovación Educativa.
Así, as aulas de 4 e 5 anos, 1º, 2º e 3º de primaria recibiron o seu diploma acreditativo e aquí vos amosamos o mesmo así como as imaxes dos nenos e nenas...



Para máis información dobre o premio, podes premer nos enlaces de abaixo:




viernes, 18 de febrero de 2011

GRAZAS ERIC CARLE!!!

A verdade é que para Eric Carle soamente temos palabras de agradecemento.
Como ben sabedes, durante o curso pasado estivemos a traballar cos seus contos (fixemos traducións, utilizámolos como centro de interés dalgúns temas, desenvolvimos un obradoiro de cociña, estudiamos a súa biografía,...) e o propio Eric Carle foi informado dos "nosos pasos".
Grazas a Ana, a mestra de inglés (e a Belén Junquera que nos facilitou moitos datos e recursos), puidemos ter contacto co autor vía mail.
Como non podería ser doutra forma, o propio Eric Carle foi informado da consecución do 3º Premio de Innovación Educativa e, este mesmo xoves, nos mandou á escola unha lámina do abecedario feita por el mesmo e adicada para todos e todas.
GRAZAS ERIC CARLE!!!
("mellores desexos". Eric Carle)

jueves, 30 de diciembre de 2010

PREMIOS INNOVACIÓN EDUCATIVA

A verdade é que esta entrada no blogue ten un gusto especial, é o recoñecemento ao traballo realizado durante o curso pasado 2009/2010: SOMOS GAÑADOR@S DUN PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.
O pasado martes, 28 de novembro, (e non é unha inocentada), a Xunta de Galicia publicou a resolución dos premios no Doga.

*Modalidade A. Fomento do plurilingüismo.
-Categoría educación infantil/educación primaria.

Un terceiro premio de 2.000 euros.

1. Título do traballo: Un ano con... Eric Carle.

Coordinadora: Paula Campos Caldas.

Participantes:

Ángeles Maquieira Camiña.

Mª Teresa Pazos Alonso.

Begoña Suárez Gago.

Centro educativo: CEIP Ría de Vigo, Vigo (Pontevedra)
 
Dende este blogue non podemos máis que agradecer a todas aquelas persoas que integran este proxecto: nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria, mestres participantes (titoras e especialistas), familias, cociñeiras do colexio, mestres e mestras doutros centros que prestaron a súa axuda, etc.
GRAZAS A TODOS E A TODAS.
 
 
Podedes acceder ao DOGA e consultar a resolución dos premios no seguinte enlace:



viernes, 1 de octubre de 2010

Don Cabaliño de mar

Grazas ao alumnado que o ano pasado estivo en 2º de educación primaria e, como non, a Begoña e Bieito (a titora e o mestre de Coñecemento do Medio e Educación Física) podemos disfrutar dun conto elaborado por el@s mesmos: "Don Cabaliño de mar".
É unha tradución do conto "El caballito de mar" de Eric Carle... se vos fixades, as algas que aparecen foron recollidas, secadas e plastificadas polos integrantes deste precioso traballo.
Que vos parede? Deixa o teu comentario.
Don Cabal in Ode Mar

O Camaleón camaleónico

Como xa sabedes, durante o curso pasado, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria estivo a traballar as obras e a vida do autor e ilustrador Eric Carle.
Os nenos e nenas de 5 anos, traballaron con mestra Ángeles o conto "El camaleón camaleónico" que adaptaron ao galego; por problemas técnicos non fora posible publicalo neste blogue, polo que agora xa chegou o momento e aquí o tedes?
Que vos parece?... agardamos os vosos comentarios.
Con to Cam Ale On

domingo, 27 de junio de 2010

Proxecto sobre ERIC CARLE

Continuando coas actividades do noso proxecto anual: "Un ano con... Eric Carle", aquí vos presentamos o proxecto realizado polo alumnado de 5 anos en relación á vida e obra do autor.
Eric

lunes, 24 de mayo de 2010

Celebramos o DÍA DAS FAMILIAS

Como todos os anos, o día 15 de maio celébrase o "Día Internacional das Familias" e, este curso, foi o día 21 de maio o escollido para realizar con elas diferentes actividades sobre a cociña.
Como ben lembrarán as familias, que estiveron xogando co alumnado de educación infantil o ano pasado, as actividades do Obradoiro de Reciclaxe foron as escollidas para amenizar a xornada... este ano, o noso Obradoiro foi de Cociña así que todos e todas a cociñar!!! Puxemos as nosas mans á obra e, cada grupo, elaborou unha receita diferente que, despois, degustariamos todos e todas xunt@s no porche do cole.
A verdade é que foi unha xornada moi divertida e, como non, dende o noso blog queremos dar as GRAZAS ás FAMILIAS, ALUMNADO, COCIÑEIRAS E PROFESORADO.
ATA A PRÓXIMA!!!


jueves, 13 de mayo de 2010

O noso camaleón está feito un lío

Os nenos e nenas de 5 anos, estamos a traballar o conto "O camaleón camaleónico" coa nosa mestra Ángeles dende principios de curso. Pois ben, igual que o camaleón do libro, o noso tamén está feito un verdadeiro lío. Fai unhas semanas, xa vos amosamos neste blog a transformación...


pois agora, mira estas imaxes... pensas que ten algunha similitude???

lunes, 26 de abril de 2010

Probamos os traxes para a obra de teatro

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a ensaiar unha obra de teatro: "Queres xogar comigo?", basada no libro de Eric Carle. Grazas á colaboración das familias e das mestras e mestres, poderemos caracterizarnos como cada un dos animais do conto: cabalo, hipopótamo, xirafa, mono,... a que estamos guapísimas?

domingo, 18 de abril de 2010

Receita número 7

Este martes, tivemos unha "nova edición" do noso Obradoiro de Cociña. A receita escollida foi "Macedonia de Froitas" e, simplemente podemos dicir, que foi todo un éxito... ata nenos e nenas que non comen, polo xeral, a froita, degustaron ata dous vasos de macedonia.

domingo, 11 de abril de 2010

Proxectos da eiruga_4 e 5 anos

Xa temos colgados na nosa páxina web do cole (http://centros.edu.xunta.es/ceipriadevigo/)
dous novos proxectos. Son os da eiruga larpeira, elaborados polos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
En breves, colgaremos o de 3 anos, pero áinda están a rematar algúns detalliños.
Se queredes acceder as súas imaxes, soamente tedes que premer na imaxe posterior da eiruga... ADIANTE.


miércoles, 24 de marzo de 2010

IMAXES OBRADOIRO DE COCIÑA

LEMBRAMOS A TODOS OS USUARIOS DO BLOG, QUE PODEDES VISITAR A NOSA PÁXINA WEB DO COLE, ONDE ATOPAREDES TODAS AS NOVAS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS ASÍ COMO, NO APARTADO "GALERÍAS", AS IMAXES DOS TRABALLOS, VISITAS COMPLEMENTARIAS, ...
POR OUTRO LADO, XA ESTÁN "COLGADAS" AS IMAXES DO NOSO OBRADOIRO DE COCIÑA ATA A SESIÓN NÚMERO 6 (QUE É A ÚLTIMA REALIZADA)
Páxina web do cole
Álbum do Obradoiro de Cociña

Nova receita para as familias. Receita nº6

Receita para as familias
RECEITA Nº6
PASTEL DE CHOCOLATE

INGREDIENTES
- 200 gr de chocolate de facer
- 200 gr de manteiga
- 200 gr de améndoas trituradas
- 200 gr de azucre en po
- 80 gr de fariña
- 5 ovos

PREPARACIÓN
Funde amodo o chocolate.
Cando o chocolate estea moi uniforme engadiremos a manteiga cortada en pequenos dados e removeremos atE obter unha mestura homoxénea.
Bate nunha ensaladera as xemas con azucre, incorpora o chocolate coa manteiga, engade a fariña e as améndoas trituradas batendo fortemente para evitar que se formen grumos.
Incorpora coidadosamente as claras dos ovos batidas a punto de neve.
Verte coidadosamente a mestura nun molde e introdúceo Ao forno, precalentado a mediana potencia, deixándoo cocer durante 35 a 45 minutos e xa está listo.

martes, 23 de marzo de 2010

Receita 6: Bombóns de Krispies




Hoxe toca... "Bombóns de Chocokrispies"

Hoxe, martes 23 de marzo, toca no noso Obradoiro de cociña: "Bombóns de chocokrispies". Grazas a nosa mestra Ángeles que nos axudou coa receita e co microondas, puidemos elaborar uns boísimos bombóns de chocolate moi orixinais... disfrutade coas imaxes!!!... mmm!!! que rico

Traballamos no proxecto sobre a Eiruga Larpeira

Durante este segundo trimestre, estivemos a traballar nas aulas de Educación Infantil o conto "Unha eiruga moi larpeira". Queriamos algo orixinal, pol que decidimos elaborar unha eiruga-conto, é dicir, reproducir o conto da eiruga larpeira coa forma da protagonista... aquí vai un adianto... en breves, as familias do noso alumnado o disfrutaredes nas vosas casas.


A emoción...

Como ben sabedes, a semana pasada recibimos noticias de Eric Carle en resposta ao mail que lle enviamos.
Ao noso cole chegou unha carta dende o Reino Unido e, no seu interior, un montón de agasallos que disfrutar.
Aquí están as imaxes... todos xunt@s compartimos un momento que nos fixo moitísima ilusión... GRAZAS ERIC CARLE