Mostrando entradas con la etiqueta Debuxos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Debuxos. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de mayo de 2018

ARTE

Este é o resultado final da creación artística que fixemos tras traballar as cores primarias con tempera: Os nosos autorretratos. Gústanvos?













lunes, 10 de febrero de 2014

Recursos e ideas para San Valentín

Como ben anunciabamos na entrada desta mañá, hoxe pola tarde publicariamos outra entrada con recursos variados sobre San Valentín.
Navegando pola rede, atopamos milleiros de imaxes que compartir con todos e todas. Así, as poderedes descargar e colorear tanto nas casas coma nas vosas escolas.

Con algunhas destas imaxes, a mestras de infantil decidimos facer unha serie de crebacabezas. Son actividades que lles gustan moito aos máis pequenos e pequenas e, dende as casas, sempre son moi reclamadas e útiles para poder pasar unha tarde entretida en familia.
Aquí vos deixamos cos crebacabezas do San Valentín.
 Grazas á cantidade de recursos que se atopan na rede, xurden ideas moi boas para traballar co alumnado. Así, grazas ao blog https://soniaeducadorainfantil.wordpress.com/ puidemos atopar esta manualidade que realizaremos cos nenos e nenas nas aulas durante estes días.
Cando teñamos o caracol feito, subiremos unha imaxe a este blog para que vexades o resultado.

sábado, 2 de abril de 2011

Compartimos recursos: crebacabezas primavera

Dende as aulas de infantil do noso cole, seguimos a compartir recursos variados que poden facilitar a nosa labor docente. Así, aquí vos deixamos estes crebacabezas sobre a primavera que poderedes utilizar nas vosas aulas.
Por outro lado, queremos dar as grazas a todas as páxinas web, revistas, particulares,... que nos facilitan esta cantidade de imaxes coas que podemos elaborar materiais.

lunes, 14 de marzo de 2011

Comezamos a preparar o Día da árbore

O vindeiro luns, 21 de marzo, celebraremos no colexio o Día da Árbore e o Día da Poesía. Dende as aulas de Educación Infantil, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias unha actividade moi sinxela consistente en montar unha árbore sobre cartolina; aquí vos deixamos as plantillas (as poderedes decorar como queirades, utilizando diversas técnicas, materiais,...)
Dende este espazo web, estaredes ao día de como o imos facendo nós.