Mostrando entradas con la etiqueta Día das Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Familias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de mayo de 2016

DIA DAS FAMILIAS

O día 15 de maio celebrase o día das familias, e no noso cole e un día moi especial, por que son elas, as nosas familias, as que nos fan crecer e ser cada día mellores, por eso fixemos un agasallo moi especial.




viernes, 15 de mayo de 2015

Feliz Día Internacional das Familias

Hoxe, 15 de maio, se celebra en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
Na nosa escola, é unha celebración que nunca deixamos pasar por alto e, coma sempre, elaboramos nas aulas un pequeno agasallo para todas as nosas familias, as que sempre colaboran cos proxectos e con todas as actividades propostas. Para todas vós, FELIZ DÍA!!!
Este ano, realizamos unha manualidade moi relacionada co tema do proxecto: unhas casas castrexas, nas que vivína os homes e mulleres da Prehistoria. Tanto aquí coma aquí xa vos amosamos como se desenvolvía o proceso de elaboración das casas prehistóricas; hoxe, vos amosamos o resultado e empaquetado final. Quedaron chulos, verdade?
 Aquí vos deixamos tamén con esta imaxe que poderedes imprimir e, a continuación, pegar unha foto da vosa familia.

jueves, 15 de mayo de 2014

Feliz Día Internacional das Familias

«La familia es el elemento que aglutina a las sociedades, y las relaciones entre las generaciones perpetúan este legado en el curso del tiempo. Este año, el Día Internacional de la Familia es una ocasión para celebrar los vínculos que existen entre todos los miembros de la constelación que conforma una familia. También es una oportunidad para reflexionar sobre el modo en que inciden en ellos las tendencias sociales y económicas, y sobre lo que podemos hacer para fortalecer a las familias en respuesta a ello.»
Secretario General de las Naciones Unidas, Ban Ki-moon


Hoxe, 15 de maio, se celebra o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS  e é unha estupenda ocasión para traballar a diversidade familias nas aulas e nas casas.
Dende o blog Diversidad y Coeducación nos propoñen materiais e dinámicas diversas para tratar este tema. PINCHA AQUÍ ou AQUÍ para ver todas as súas entradas desta sección.

Coma sempre, por estas datas o alumnado de educación infantil elabora un pequeno agasallo para a súa familia, en relación ao proyecto traballado durante o curso escolar; como a cousa vai de arte e pintura, escollimos un cadro de Miró e traballamos con moita intensidade para ter rematadas as obras de arte para hoxe, día 15 de maio.
 Importante! Asinar as nosas obras de arte.
 Para levar ás casas estas obras de arte e agasallar ás familias, metímolas nunhas bolsas moi chulas de cor rosa. Que vos parece o resultado?

miércoles, 15 de mayo de 2013

15 de maio, DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe, 15 de maio, celebramos na escola o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.

 
(Imaxe do cartel elaborada por: http://www.alejantoraz.com/)
Como todos os anos, elaboramos un agasallo para as familias de cada un dos nenos e nenas de educación infantil. Este curso escolar, aproveitando o noso proxecto de centro ("Lendo o mundo con Tintín") decidimos realizar un fermoso cadro coa imaxe dos protagonistas principais: Tintín e Milú, paseando polo Congo.
A verdade é que estes nenos e nenas de educación infantil son uns verdadeiros artistas!!!

lunes, 21 de mayo de 2012

Un faro moi especial

O pasado martes, 15 de maio, celebramos o  
DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Os nenos e nenas da escola levabamos xa un tempo gardando un pequeno segredo... unha manualidade moi divertida e especial: un faro elaborado por nós e co que agasallamos ás nosas familias. 
Para podelo elaborar necesitamos unha pasta de papel maché. Nós utilizamos esta de Jovi, que xa ven preparada para ser usada e seca a temperatura ambiente.
Outro elemento importante é un bote de tomate Solís.
Amasamos ben a pasta e, a continuación, a colocamos cubrindo ben o bote de tomate Solís. Para facer a parte de enriba onde vai a luz, utilizamos unha cápsula de café Nespresso.

Cando a pasta xa está ben seca, pintamos toda a superficie con témpera de cor branca.
Para continuar coa manualidade, debemos esperar que a pintura esté ben seca e, despois, xa podemos colocar cinta de carrocero para que poidamos pintar da cor escollida e quede a raias.
Unha vez seca a pintura, retiramos a cinta de carrocero e xa temos os nosos faros perfectamente decorados. A luz a pintamos de cor amarelo e aplicamos tamén un pouco de pintura reflectante Jovi, así o noso faro brillará na escuridade.
Para que os nosos faros queden ben bonitos os empaquetamos con papel celofán e colocamos unha tarxeta co noso nome.
Que vos parecen?, quedaron chulos, verdade?