jueves, 31 de enero de 2013

Obradoiro de disfraces

O pasado martes, 29 de xaneiro, levamos a cabo na escola un obradoiro coas familias do alumnado de educación infantil. A finalidade do mesmo era a confección dos disfraces de Entroido deste ano.
En primeiro lugar, queremos dar as GRAZAS a todos/as os participantes pola gran acollida que tivo a convocatoria.
Foi una tarde moi entretenida e laboriosa; grazas á colaboración das familias, puidemos elaborar as 76 saias africanas coas que os nenos e nenas se disfrazarán o vindeiro venres, 15 de febreiro.
Unha vez máis, MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

martes, 29 de enero de 2013

O protagonista da semana: HUGO



Esta semana, do 21 ao 25 de Xaneiro, o protagonista foi:
HUGO
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Hugo: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . .  e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 25, tivemos a visita na aula dos seus pais, Inma e Carlos; tamén agardabamos á súa cadela Lúa, pero finalmente non puido vir.
Hugo amosóulles o traballo que estivo a facer durante a semana e, deseguido, chegou o momento das preguntas. Comezamos preguntando os seus nomes e interesándonos polos seus traballos. Carlos trouxo un volante dun coche e uns debuxos para explicarnos que o seu traballo é debuxar as pezas para que encaixen as máquinas; Inma contounos que traballa nun cole de maiores axudando aos nenos/as que teñen problemas... parecéunos moi interesante.
 Tamén quixemos saber  como é Hugo na casa. A súa familia contóunos  que se porta ben, que xoga moito e ten moita imaxinación, que  axuda nas tarefas e lle gusta cociñar (sobre todo, a pizza) que o seu deporte favorito e o tenis (que fai co seu papá) e tamén o senderismo. 
Para isto, tiñan preparado un xogo que consistía en ver unha montaxe sobre Hugo no ordenador e, despois, nos preguntaban; si acertabamos, Hugo levantaba unha bandeiriña verde e, se non, unha vermella.
Tamén nos contaron o conto favorito de Hugo, proxetando as imaxes na  pantalla da aula. O conto é de Cars, titulado: ”Una carrera de coches” e gustóunos moito.
A continuación, nos repartiron os agasallos: uns “comecocos” e unha piruleta
 E, coma sempre, antes de rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
 GRACIÑAS

viernes, 25 de enero de 2013

Repositorio de recursos Abalar

Grazas ao proyecto Abalar (un proxecto da Consellería de educación que favorece a integración das TIC na práctica educativa) podemos desfrutar dun milleiro de recursos na rede que, pouco a pouco, se vai incrementando.
Aquí vos deixamos a ligazón para acceder aos recursos para educación infantil:
 

Por outro lado, deixaremos unha ligazón permanente na parte dereita do blog para que poidades acceder sen problema cando o precisedes.

martes, 22 de enero de 2013

Idea para o Día da Paz

Coma sempre, dende o noso blogue intentamos compartir recursos variados con todos os nosos usuarios e usuarias. Nesta ocasión, a vindeira celebración do Día da Paz é a protagonista.
Estes debuxos de nenos e nenas cun corazón serán os protagonistas dos nosos corredores durante os vindeiros días.
 Aquí os deixamos os orixinais en branco e negro. Poderedes atopar debuxos variados na infinidades de álbumes Picasa que hai na rede.
Por outra banda, estamos a elaborar unha fermosa paloma coas caras de todos os nenos e nenas.
Cando xa a teñamos rematada, subiremos as imaxes para que poidades ver o ben que quedou.
Ata a próxima.

lunes, 21 de enero de 2013

O protagonista da semana: JESÚS



Esta semana, do 10 ao 16 de Xaneiro, o protagonista foi:
JESÚS
Xa de volta das vacacións do Nadal, retomamos o noso proxecto. Estes días fomos coñecendo algo máis a Jesús: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos as súas cousas favoritas! 
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosóunos o pequena que era a súa roupa e, co metro, comprobamos cánto medrou.
O luns 14, tivemos a visita da súa mamá na aula. Xa sabedes que estas visitas se fan normalmente os venres, pero este día Jesús e a súa mamá estarán visitando a Mickey Mouse, na súa casa de Disneyland Paris, así que a nosa visita adiantouse.
Jesús ensinóulle o traballo que está a facer na aula.
Coma sempre, comezamos a facerlle preguntas e así nos enteramos de como é na casa; a súa mamá contóunos que foi un bebé moi bo, que tomaba uns grandes biberóns e así medrou moito, que sempre foi moi tranquilo e o segue a ser, que lle gustan moito os debuxos da tele, pero que tamén axuda na casa recollendo os seus xoguetes e súa roupa. Ela traballa de pasteleira e Jesús di que tamén vai facer ese traballo cando sexa maior. A todos/as nos pareceu un traballo moi doce.
 Despois, vimos unha fermosa montaxe con fotos de Jesús dende o seu nacemento ate o de agora... foi unha montaxe chea de sentimentos.
Cristel léunos un conto de "Mickey Mouse e os animais" que nos gustou moito e por iso lle demos un forte aplauso.
Despois, nos repartiron unhas golosinas e, xa para rematar a visita, lle entregamos un diploma como recordo desta semana e a despedimos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS