Mostrando entradas con la etiqueta Actividades LIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades LIM. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2014

Actividades variadas sobre o verán

Xa case estamos chegando a unha nova estación do ano: o Verán.
Nas aulas, xa estamos a ultimar todos os detalles para entregar o material ao alumnado e, aproveitando a chegada da fin de curso, queremos compartir con todos/as os nosos usuarios e usuarias estes recursos variados sobre a estación.
Fai tempo, publicabamos neste blog estas dúas entradas nas que xa podiades atopar actividades en liña, actividades LIM, actividades para o encerado dixital,...

Aquí vos deixamos as dúas ligazóns:


Continuamos aumentando o noso almacén de recursos para facilitar a tarefa docente, así como para propoñer diferentes ideas de traballo nas casas, durante o tempo de vacacións; por iso, aquí vos deixamos estes crebacabezas tan chulos que agardamos vos gusten:

miércoles, 14 de mayo de 2014

Actividade LIM "La Bruja Colorea"

Hoxe, vos presentamos unha nova actividade LIM titulada "La Bruja Colorea" e onde poderedes, a partires da personaxe principal da historia, coñecer cales son as cores primarias e as secundarias de forma sinxela e divertida.
Adiante!!!

(lembra que para xogar en pantalla grande, podes premer no cadrado da marxe superior dereita)

viernes, 14 de marzo de 2014

Actividade LIM: "Los pintores"

Hoxe, compartimos con todos e todas esta nova actividade LIM sobre os pintores.
Agardamos que vos guste e, coma sempre, para xogar en pantalla completa preme no cadrado superior da dereita.

jueves, 6 de marzo de 2014

Actividade LIM: "Arte en los pasillos"

Retomamos a nosa actividade no blog, despois destas vacacións de Entroido e o facemos continuando co noso traballo sobre o proxecto "Lendo con arte".

A principios do mes de febreiro, nesta entrada do blog
vos contabamos que os nosos corredores se estaban a converter nun auténtico museo e vos amosabamos estas imaxes que así o reflectían.
 Hoxe, aquí vos presentamos unha nova Actividade LIM para que poidades coñecer estas obras de arte e xogar con elas, tanto nas vosas casas coma nas vosas escolas.
Agardamos que vos guste e lembrade que para xogar en pantalla completa tedes que premer no cadrado superior, dereita.

miércoles, 12 de febrero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aulas 4 e 5 anos_"Maripepa, la mariposa"

A semana pasada, vivimos con Juanita unha nova experiencia a través dos seus contos: a xoaniña coñeceu unha nova amiga e con ela tivo novas sensacións; esta amiga era unha bolboreta chamada Maripepa.
Coma sempre, o primeiro que fixemos foi ler o conto e descobrir o que sabían os nenos e nenas deste insecto que tanto lles gustou. Falamos das dúas características, da súa cor, da súa forma, de se coñeciamos outras bolboretas, como eran, etc.
Unha vez traballado este aspecto, estivemos a falar sobre un tema moi importante: a paciencia. Grazas á historia de Maripepa comprendimos a importancia deste valor, de saber agardar. A bolboreta tivo que aguantar dentro do seu casulo durante moito tempo para se poder converter no fermoso animal que era. 
Doutra banda, lembramos a historia do conto "Unha eiruga moi larpeira", onde a protagonista do conto transfórmase nunha fermosa bolboreta despois dun longo proceso no que a paciencia é fundamental.
E nós? Sabemos agardar? Temos paciencia? Cada un identificou momentos nos que eles ou elas tiñan paciencia e momentos onde non a tiñan.
Unha vez rematada a parte oral, entre todos e todas estivemos a debuxar unha bolboreta na pizarra e, a continuación, cada un fixo o mesmo na súa folla, pintando ou decorando as diferentes bolboretas para as deixar ben bonitiñas.

          Se queredes descargar o conto "Unha eiruga moi larpeira" en formato para traballar co Encerado Dixital Interactivo, podedes premer na seguinte ligazón:
      http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Contos

Por outra banda, aquí vos deixamos unha actividade LIM para que xoguedes con esta eiruga e a súa historia que tanto gusta a pequenos e maiores.

martes, 30 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los rinocerontes"

Aquí vos amosamos unha nova actividade LIM, nesta ocasión titulada "Los rinocerontes". A partir dela, poderemos coñecer as características principais destes animais tan fortes e robustos.
Se queredes xogar de forma máis cómoda, poderedes facelo a partires do cadrado superior dereita da actividade; premendo nel, accederedes ao modo de pantalla completa.

lunes, 29 de abril de 2013

Actividades LIM: "Los búfalos"

Aquí chega unha nova actividade LIM; nesta ocasión chega o turno dos búfalos. Hoxe coñeceremos as principais características destes animais da selva africana.

jueves, 25 de abril de 2013

Actividade LIM: "Las jirafas"

Hoxe, chegan as xirafas, os animais máis altos... mirade que pescozo teñen!!!
Para descobrir máis características das xirafas, xoga con esta actividade. Preme no cadrado superior da dereita para xogar en pantalla completa e divírtete.

miércoles, 24 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los hipopótamos"

Aquí vai unha nova actividade LIM para seguir coñecendo aos animais que aparecen no conto que estamos a ler nas aulas: "Tintín en el Congo".
Hoxe, o turno é para os hipopótamos.
Lembrade que para xogar en pantalla completa é necesario premer no cadrado superior da dereita.

jueves, 18 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los elefantes"

Hoxe, é o turno de presentar aos elefantes, os mamíferos máis grandes do planeta.
Se queres xogar con pantalla grande, lembra que tes que premer no cadrado superior dereita da actividade.

martes, 16 de abril de 2013

Actividades LIM: "Los leopardos"

Chega o turno de falar dos leopardos; polo xeral, estes fermosos animais son de cor amarela con manchas escuras, aínda que tamén atopamos as panteras, coa pel de cor negra.
Se queres saber máis, xoga con esta actividade LIM e lembra que para poder facelo en pantalla grande, tes que premer no cadrado superior da dereita.

jueves, 11 de abril de 2013

Actividade LIM: "Las serpientes"

Hoxe é a quenda das serpes. Grazas a esta actividade LIM descobriremos as súas características principais.
Sabiades que son animais ovíparos, que nacen de ovos?, e sabiades que son carnívoros, xa que se alimentan de carne?
Agardamos que vos guste.
Lembrade que para xogar en pantalla completa, é necesario premer no cadrado superior da dereita.

martes, 9 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los leones"

Aquí vos deixamos con esta actividade para coñecer as características máis importantes dos leóns.
Agradamos que vos guste e lembrade que para poder xogar a pantalla completa, soamente tes que premer no cadrado superior dereita da actividade.

viernes, 5 de abril de 2013

Actividade LIM. "Los gorilas"

Hoxe, é a quenda dos gorilas. Aquí vai esta actividade lim sobre estes animais da sabana africana.
Lembrade que para poder xogar en pantalla completa, debes premer no cadradiño superior dereita.
Agardamos que vos guste.

jueves, 4 de abril de 2013

Actividade LIM: "Los cocodrilos"

Despois de coñecer os medios de transporte que aparecen no conto "Tintín en el Congo", chega a hora de coñecer á morea de animais que aparecen na historia.
Pouco a pouco, publicaremos neste blog diferentes actividades LIM relativas a cada un dos dez animais presentes no conto.
Hoxe, lle toca a quenda á seguinte actividade LIM titulada "Los cocodrilos"
Agardamos que vos guste.
Lembrade que para poder xogar en pantalla completa, é necesario premer na parte superior dereita da actividade, onde aparece un cadradiño.

jueves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo: Día da muller traballadora

Mañá, venres 8 de marzo de 2013, celebramos na escola o Día da Muller Traballadora.
O alumnado de educación infantil elexíu a Wangari Muta Maathai, a primeira muller africana que logrou un Premio Nobel da Paz (2004). Dedicou a súa vida á reforestación de África e a promover a integración da muller, favoreceu o desenvolvemento sostible, a democracia e a paz.
Loitou toda a súa vida pola defensa da idea que o deterioro do medio ambiente, a deforestación e o empobrecemento dos contornos rurais conlevan a desaparición dos medios de vida de milleiros de personas no mundo, deixándoas sen recursos, sen defensa, sen esperanzas e sen futuro.
 Unha das moitas formas de loitar contra esa realidade foi a creación dun movimento que comezou da forma más sinxela: coa prantación no seu propio patio de nove pequenas árbores, que despois se transformaron en varias filas, logo de convencer ás mulleres da súa aldea das ventaxas da súa idea; estas mulleres, á súa vez, convenceron ás mulleres das aldeas veciñas e, pouco a pouco, moitas mulleres de Kenia decidiron facer o mesmo: xurdira o "Movimento do Cinturón Verde".
27 anos máis tarde, sementaran trinta millóns de árbores, existían seis mil viveiros en Kenia e o movemento medrou a 30 países africanos, transformando a vida e o futuro de miles de familias.
Se queredes saber máis, premede nesta ligazón que vos levará ao blog "Libros para soñar": http://librosparasonhar.wordpress.com/2011/10/10/wangari-y-los-arboles-de-la-paz/
 
Toda esta historia, atopámola no conto titulado 
"Wangari y los árboles de la paz" 
Gracias ao blog colaborativo ACTIVIDADES LIM (http://actividadeslim.blogspot.com.es/) atopamos este recurso (http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html), elaborado pola mestra Belén Junquera, a quen lle damos a grazas por compartilo con todos nós e facilitarnos o código para poder insertalo no noso pequeno espazo da rede.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Actividade LIM: "Os medios de transporte" (Tintín en el Congo)

Durante estes días, traballaremos nas aulas os diferentes medios de transporte que aparecen no conto "Tintín en el Congo".
Aquí vos amosamos unha das actividades LIM que creamos para motivar ao alumnado e facilitar a adquisición de contidos de forma sinxela, amena e divertida.

(Lembrade que para xogar en pantalla completa tedes que premer no cadrado superior da dereita)

lunes, 3 de diciembre de 2012

Recursos para o Nadal

Grazas á mestra Belen Junquera e ao seu blogue (http://www.madenglishouse.eu/bitacora/) podemos desfrutar dun milleiro de recursos relacionados coas festas navideñas.
Recomendamos a tod@s os lectores deste blogue que visiten o blogue de Belén no que atoparán milleiras de publicacións interesantes.
Para acceder ás diferentes ligazóns, premede en cada un dos debuxos que poderedes atopar a continuación.

 



MOITOS MÁIS RECURSOS EN  http://www.madenglishouse.eu/bitacora/

martes, 16 de octubre de 2012

Actividade LIM: "Xaime e as landras"

Aquí vos deixamos esta actividade LIM sobre o conto "Xaime e as landras".
Coma sempre, se queredes xogar a pantalla complera, deberedes premer no cadrado situado na parte superior dereita da actividade.
Agardamos que vos guste.