Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de junio de 2017

O TÉ

Outra das cousas que aprendemos sobre a cultura India é a súa afección a bebida de té, o cal utilizan como nós a auga, de acompañamento de calquera comida ou simplemente como bebida nos diferentes momento do día. 
Na India atópanse algunhas das maiores producións de té do mundo, puidemos observar como son os campos de té e como se leva a cabo a súa recollida.


Baixamos o comedor do cole para levar a cabo a actividade de experimentación, ali puidemos ver, tocar, ulir e saborear diferentes tipos de té, asi como observar o seu proceso de preparación.





















miércoles, 31 de mayo de 2017

ESPECIAS

Malala e Alok, os nosos amigos da India, trouxeronnos unha nova sorpresa! unha bolsiña chea de especias, foi todo unha experiencia! xa que as coñecemos puras e moidas e puidemolas tocar, ulir, saborear,...  Coñecemos especias como: o cardamomo, o jenjibre, a cúrcuma, o clavo, o anis, a canela, a pementa,... Aquí vos deixamos unha imaxes.





lunes, 22 de mayo de 2017

RUPIAS

Na clase de 3 anos seguimos investigando sobre a India. Esta vez descubrimos que a súa moeda non é o Euro como aquí, senón a Rupia, un euro equivale aproximadamente a 65 rupias. Alí tamén teñen moedas e billetes, pero son diferentes aos nosos, a imaxe que se ve neles é un señor sen pelo e con gafas que non coñecemos. Investigaremos quén pode ser e porqué sae ahí!









martes, 16 de mayo de 2017

A VESTIMENTA NA INDIA

Na India conviven diferentes relixións (maioritariamente islam, hinduismo y sijismo) que determinan as súas tradicións, peculiaridades e vestimenta, as cales estamos coñecendo. Estes días Alok e Malala ensináronnos como se pon o Sari e o turbante. Que tal nos quedan?


Descubrimos que a tela dos Saris miden 6 metros de longo, son enormes, tanto que collemos todos debaixo! J














martes, 9 de mayo de 2017

BINDI


Pouco a pouco imos coñecendo máis curiosidades sobre a cultura India. 

Xa sabemos que alí o saúdo típico é "Namasté", o cal se utiliza a modo de "ola", "ata logo" ou "grazas". E vai acompañado de xuntar as mans e inclinar un pouco a cabeza cara diante.

Vendo imaxes da India unha das cousas que máis nos chamou a atención foi o Bindi, punto vermello que levan na frente, como un tercer ollo, a modo de bendición, como símbolo de sabiduría e protección. Divertímonos moito poñendo un!