miércoles, 30 de marzo de 2011

Día Mundial do Teatro

O pasado domindo, 27 de marzo, celebrouse o

DÍA MUNDIAL DO
Dende a Biblioría tamén nos unimos a esta celebración e seguimos coas nosas actividades de animación á lectura; así, durante martes, mércores e xoves algunhas aulas do cole realizarán diferentes obras teatrais.
Aquí vos deixamos o programa dos actos:

Como poderedes observar, hoxe día 30, o alumnado de educación infantil foi o público durante a actuación dos nenos e nenas de 2ºA; representaron a obra teatral "A ratiña bambeada", adaptación do conto "A ratiña presumida" pola súa mestra Carmen.
A verdade é que o pasamos moi ben e foi unha representación moi interesante. A mestra Carmen comezou presentando a obra e, a continuación, algúns alumn@s de 2ºA foron representando a historia detrás dun teatrillo, e cuns títeres elaborados por eles mesmos, mentres que outros actuaban como narradores nunha das mesas da BiblioRía.
Aquí vos deixamos as imaxes da actuación e aproveitamos este blogue para felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras así como a súa mestra Carmen polo bo traballo realizado...
GRAZAS POLA ACTUACIÓN!!!

sábado, 26 de marzo de 2011

viernes, 25 de marzo de 2011

O protagonista da semana: ÁFRICA

A protagonista esta semana foi África e hoxe, na aula de 5 anos, recibimos a súa nai Noemí, a súa tía e a súa curmá pequena.
Todos esperabamos moi atentos as novas que tiñan preparadas para nós.
O primeiro que fixemos foi ver e ensinar a súa familia as actividades realizadas pola protagonista durante a semana; África, acompañada pola mestra Paula, presentou as fichas elaboradas que recollían distintos aspectos da súa vida.
A continuación, chegou o turno da súa familia... unha gran sorpresa nos tiña preparada: uns animaliños moi simpáticos e que fixeron as delicias de todos os presentes.
Dúas tartarugas e un coelliño precioso chearon de alegría esta xornada matinal. Grazas a Noemí, a nai de África, puidemos coñecer mellor os coidados apropiados para este tipo de animais.
Por suposto, mesa a mesa, os animaliños foron coñecendo a cada un dos nenos e nenas da aula. Nós preguntabamos a Noemí as cousas ou os detalles que máis nos interesaban ou polo que tiñamos curiosidade con respecto a eles.
Contounos moitísimas cousas, puidemos tocar os seus alimentos, preguntar o que quixemos e, por suposto, disfrutar e aprender.
A "rolda de prensa" tradicional tamén tivo lugar... o alumnado de 5 anos fixo moitas preguntas aos seus familiares e á protagonista.
Xa para rematar, a protagonista fixo entrega aos seus compañeiros e compañeiras dunhas gominolas moi especiais xa que estas tiñan un agasallo feito a man pola súa nai: unhas pulseiras de coiro!!!... Noemí é unha artista con este material e quixo compartir a súa afición cos compañeiros da súa filla.
MOITAS GRAZAS!!!

Entrega de premios en Educación Infantil e Primaria

O venres pasado, os nenos e nenas das clases de infantil e primaria que participaron no proxecto "Un ano con... Eric Carle" recibiron o seu diploma pola consecución do 3ª Premio de Innovación Educativa.
Así, as aulas de 4 e 5 anos, 1º, 2º e 3º de primaria recibiron o seu diploma acreditativo e aquí vos amosamos o mesmo así como as imaxes dos nenos e nenas...



Para máis información dobre o premio, podes premer nos enlaces de abaixo:




miércoles, 23 de marzo de 2011

Do 1 ao 10 coa Primavera

Chega a Primavera!!!... e dende o noso blogue queremos cumprir unha das nosas funcións máis importantes... COMPARTIR traballos, experiencias e recursos que faciliten a nosa labor docente.
Nesta ocasión, dende o Equipo de Educación Infantil, estamos a elaborar actividades variadas sobre esta estación do ano na que nos atopamos... as que vos amosamos a continuación están relacionadas cos números do 1 ao 10 e son unhas sinxelas actividades numéricas.
Todas elas están aloxadas nos Albumes Web Picasa do noso colexio... pouco a pouco iremos enchendo os cartafois con máis actividades que poderedes descargar sen ningún problema e utilizar nas vosas aulas... ADIANTE!!!

martes, 22 de marzo de 2011

22 de Marzo: DÍA DA AUGA

O alumnado de 4 anos está a traballar sobre este tema durante todo o curso; poderedes estar informados e atopar información sobre a auga tanto neste blogue como no blogue de Voz Natura... aquí vos deixamos o enlace.


Por outro lado, no blogue de BiblioRía poderedes atopar unha selección de contos para traballar sobre a auga.


Por outro lado, na páxina
atopamos estas sinxelas e clarificadoras imaxes sobre o consumo da auga.


Facemos árbores

Como xa vos anunciabamos na entrada do día 14 de marzo titulada "Comezamos a preparar o Día da Árbore" (preme no título para volver a ela), os nenos e nenas de educación infantil elaboramos unhas árbores moi chulas.
O primeiro que fixemos foi pintar o tronco das árbores de cor marrón (cada un na súa aula, utilizou a técnica que quixo) e, a continuación, picamos a silueta.
Cando xa está picado, decoramos a árbore ao noso gusto: con gomets amarelos de limóns, vermellos de mazás, verdes de peras,...
Posteriormente, recortamos pola liña de puntos e encaixamos a árbore. Para que queda máis estable, poñemos na base unha boliña de plastilina onde encaixa a árbore.
Para darlle máis volume ao tronco, utilizamos as virutas que quedan de afilar os lápis de cores e as pegamos cu poquiño de cola branca.
Gustouvos???