Continuando coas actividades do noso proxecto anual: "Un ano con... Eric Carle", aquí vos presentamos o proxecto realizado polo alumnado de 5 anos en relación á vida e obra do autor.
Eric
domingo, 27 de junio de 2010
sábado, 26 de junio de 2010
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
LIBROS DE TEXTO PARA 1º DE PRIMARIA
Dende o noso blog, queremos informar a todas as familias do alumnado de 5 anos que, para o vindeiro curso, pasará a 1º de Educación Primaria, da lista dos libros que teñen que mercar para o ano.
BOAS VACACIÓNS

Dende o noso blog, queremos desexarvos unha boas Vacacións de Verán... esperamos que disfrutedes moito destes días e voltedes ao cole con enerxías renovadas para seguir aprendendo como ata agora.
Tamén queremos dar as GRAZAS a todas as familias e profesorado que colaborou con nós durante este curso 2009/2010.
Este blog seguirá funcionando durante o verán, recollendo as informacións necesarias para o alumnado e as familias.
Por outro lado, dispoñedes da nosa páxina web que tamén recollerá as novas de interese:
Festival de Fin de Curso
O pasado martes, 22 de xuño, ás 12:30, comezou un novo Festival de Fin de Curso, como todos os anos.
Aquí tedes as imaxes das actuacións do alumnado de Educación Infantil; os nenos e nenas de 3 anos bailaron ao ritmo do ano 1967 coa canción "Mª Isabel"


Despois, chegou o turno do alumnado de 4 anos. A canción que interpretaron foi "Soy una taza" e, vestidos de cociñeiros/as, demostraron que, con un pouquiño de práctica, os pasos son sinxelos para seguir.


Pero o alumnado de 5 anos aínda tiña unha actuación máis: a obra de teatro inspirada no conto de Eric Carle "Queres xogar comigo?"
Foi unha xornada moi amena, divertida e tamén un pouco extensa... pero un fin de festa xenial para dar comezo ás Vacacións de Verán.
sábado, 12 de junio de 2010
De eiruga a... bolboreta (proyecto 4 anos)
viernes, 11 de junio de 2010
Xa temos as imaxes do Día das Familias
Como sabedes, o día 21 de maio, celebramos no noso colexio a tradicional visita das familias para participar nos tradicionais obradoiros. Este ano, tocou cociñar e xa temos colgadas na nosa páxina web a totalidade das imaxes.
Se queredes acceder a elas, premede no enlace de abaixo.
viernes, 4 de junio de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)