jueves, 31 de mayo de 2012

A nosa viaxe en goleta

Como ben sabedes todos, onte estivemos de excursión nunha goleta pirata... PASÁMOLO PIPA!!! Antes de comezar a explicar como foi a nosa experiencia, queremos dar as grazas ao pai de Sara (3 anos A) porque foi o artífice de que puideramos disfrutar deste barco durante toda a mañá e vivir unha verdadeira "historia pirata". MOITAS GRAZAS!!!
Ás 10:00 horas do 30 de maio, epartimos no bus camiño ao Porto de Bouzas (á zona de Davila Sport) onde nos agardaba unha fermosa goleta con moita historia.
Xa miramos o barco!!!... que chulo, é un verdadeiro barco pirata!!!
Comezamos a subir pouco a pouco. Xa arriba, coñecimos a súa tripulación aos que tamén lles agradecemos o ben que nos explicaron todo e o ben que nos trataron.
Agardamos sentadiños ata que a goleta se puxo en marcha e, a continuación, nos repartimos en pequenos grupos para ir descubrindo os interiores do barco (sala de motores, camarotes, control de mando, a proa, a popa, a zona de babor, de estribor, etc.)
Grazas ás explicación dos monitores, puidemos descubrir a antigüidade do barco, as súas oríxenes,... sabemos que no interior do barco transportaban peixe e, para a súa conservación, todo estaba cheo de sal. Coñecimos que loitou na Batalla de Rande e ate puidemos ver unha imaxe do seu barco "rival" que tamén segue navegando polos mares.
Nunha das portas do interior, descubrimos a sala de motores e o ruido que fan os mesmos.
Na parte de arriba da goleta. se atopaba o capitán do barco, chamado Arturo. Grazas a el, puidemos descubrir diferentes palancas e "aparellos" que alí se atopan: o coñecido timón, que nos deixou manexar, unha pantalla que nos indica a canta profundidade se atopa o fondo do mar, a bocina, as palancas para acelerar e frenar o barco, o manexo das helices,... Unha morea de datos e valiosa información que fixo que coñeceramos un pouco máis sobre as goletas.
 Tamén houbo tempo para descansar e facer a merenda nas mesas interiores.
Por outro lado, un dos momentos máis divertidos e esperados foi a chegada á Samil, O Vao, a Illa de Toralla, ás Illas Cíes e... ao noso colexio!!!
Dende a escola, Begoña, Juanca e Bieito se esforzaban para que puidésemos ver onde estaban. Primeiro cunhas sábanas brancas que sacaban polas fiestras e, posteriormente, facendo destellos cun metal e co sol... así, puidemos situar o colexio e saludar aos presentes... aínda que non nos miraran moi ben.
 Así miraban o barco dende a escola.
De camiño á escola, decidimos disfrutar da paisaxe e pasar por diante do Porto de Vigo, onde puidemos ver un trasatlántico tan grande coma o Titanic!!!
Unha experiencia maravillosa na que aprendimos moreas de cousas e disfrutamos dunha fermosa viaxe en barco!!!
Ata a próxima!!!

Para visualizar a totalidade das imaxes, podes premer no seguinte enderezo e accederás aos Álbumes Picasa.
https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20120530ViaxeEnGoleta#

lunes, 28 de mayo de 2012

Os nosos tirabeques medran

O pasado mes de marzo, podiamos ler neste blogue unha entrada relacionada coa nosa actividade no horto escolar; así, a entrada levaba por título (preme no título e accede a información)

Prantamos tirabeques no horto da escola

Os nenos e nenas de educación infantil, prantamos este "tipo" de guisantes no horto da escola e, como podedes ver nas imaxes, non había "nada". A día de hoxe, xunto con outras verduras e hortalizas prantadas por outros cursos, podemos contar na escola cos nosos tirabeques que xa deron os seus froitos. Mirade, mirade nas imaxes como medraron...

MARZO 2012

  MAIO 2012

jueves, 24 de mayo de 2012

El mejor tesoro

Aquí vos deixamos un novo traballo; nesta ocasión elaborado polo alumnado de 5 anos e titulado "El mejor tesoro".
Agardamos que vos guste.

martes, 22 de mayo de 2012

Actividade EDI: "Trazamos"

Aquí vos amosamos unha nova actividade para o EDI; nesta ocasión, relacionada coa grafomotricidade e onde traballamos os trazos básicos (horizontal, vertical e diagonal).
Coma sempre, poder acceder á descarga premendo na imaxe ou na ligazón de abaixo. Por outro lado, vos deixamos cunha serie de fichas da actividade (lembrade que todas non as podemos amosar xa que algunhas delas son dixitais e non temos forma de subilas ao blogue)

lunes, 21 de mayo de 2012

Un faro moi especial

O pasado martes, 15 de maio, celebramos o  
DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Os nenos e nenas da escola levabamos xa un tempo gardando un pequeno segredo... unha manualidade moi divertida e especial: un faro elaborado por nós e co que agasallamos ás nosas familias. 
Para podelo elaborar necesitamos unha pasta de papel maché. Nós utilizamos esta de Jovi, que xa ven preparada para ser usada e seca a temperatura ambiente.
Outro elemento importante é un bote de tomate Solís.
Amasamos ben a pasta e, a continuación, a colocamos cubrindo ben o bote de tomate Solís. Para facer a parte de enriba onde vai a luz, utilizamos unha cápsula de café Nespresso.

Cando a pasta xa está ben seca, pintamos toda a superficie con témpera de cor branca.
Para continuar coa manualidade, debemos esperar que a pintura esté ben seca e, despois, xa podemos colocar cinta de carrocero para que poidamos pintar da cor escollida e quede a raias.
Unha vez seca a pintura, retiramos a cinta de carrocero e xa temos os nosos faros perfectamente decorados. A luz a pintamos de cor amarelo e aplicamos tamén un pouco de pintura reflectante Jovi, así o noso faro brillará na escuridade.
Para que os nosos faros queden ben bonitos os empaquetamos con papel celofán e colocamos unha tarxeta co noso nome.
Que vos parecen?, quedaron chulos, verdade?