miércoles, 27 de febrero de 2013

24 de febreiro, Día de Rosalía

O venres, día 24 de febreiro, fixémoslle unha homenaxe a nosa poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO dende a BiblioRía, en coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística.

        Na BiblioRía, Tintín, Milú e máis Gaspar estiveron á procura dun poema axeitado para recitar ese día e, finalmente, elixiron o poema "PRA A HABANA", xa que trata dunha viaxe que un mozo ía facer; como este ano estamos a coñecer tantos países e a facer tantas viaxes coas aventuras de Tintín, pensaron que a nós tamén nos gustaría. Este poema pertence ao libro "Follas Novas". Por certo, neste ano (o día 17 de maio) cúmprese o 150 aniversario da publicación doutro dos seus libros titulado "Cantares gallegos".

        A homenaxe desenvolvéuse do xeguinte xeito: cada curso recitou unha estrofa do poema, comezando polos nenos/as de Educación Infantil de 3 anos e rematando polos nenos/as de 6º curso de Primaria.

      A continuación, os nenos/as do 4º curso prepararon o poema "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES", co acompañamento musical feito polos propios alumnos/as e dirixido polo mestre de música do colexio.

      Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.

(Se queredes ver as fotos, premede no enlace)

martes, 19 de febrero de 2013

A nosa decoración pola Paz

Co "lío" do Entroido, quedáronnos atrás estas imaxes da decoración do corredor polo Día da Paz.
Xa adiantabamos nesta entrada un anaco do que sería a decoración:

Agora, aquí van as imaxes do resultado: unha gran cadea de nenos e nenas collidos das mans e unha gran pomba da Paz formada polas fotos de todos os nenos/as de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria... Quedou chula, verdade?
 
viernes, 15 de febrero de 2013

Celebración do Entroido 2013

Hoxe, venres, 15 de febreiro de 2013, celebramos a tradicional Festa de Entroido na nosa escola.
Como ben sabedes, a temática deste ano estaba relacionada cos contos de Tintín e co noso proxecto de centro titulado "Lendo o mundo con Tintín".
Como o alumnado de educación infantil traballa co conto "Tintín en el Congo" decidimos que, este ano, nos disfrazaríamos de "congoleños" e "congoleñas"... ah! e non podiamos esquecer unha figura moi importante para nós: Tintín. En todas as aulas, contabamos cun Tintín... foi moi divertido velos por alturas, coas máscaras, sen elas,... 
Unha xornada moi divertida onde tivemos de todo: desfile de disfraces, merenda, queima do meco, etc.
Aquí vos deixamos unhas simpáticas imaxes.
 Aquí podedes ver aos Tintín de infantil. Son Ian (5 anos), Guillermo (4 anos) e Brais (3 anos)
 Sobre as 10:30 horas da mañá, comezamos todos os preparativos: as vestimentas, o pintado de caras, a colocación dos collares, etc. E, como non podía ser doutra forma, fixemos fotos de grupo a todas as aulas.

3 anos - 4º de educación infantil
 4 anos - 5º de educación infantil
 5 anos - 6º de educación infantil
 Cando chegaron as 11:30 horas, chegou o momento de baixar ao patio para realizar o desfile sobre a pasarela, amosar aos nosos compañeiros/as os nosos disfraces, posar como modelos e sobre todo, rir e desfrutar.

3 anos - 4º de educación infantil
 4 anos - 5º de educación infantil
 5 anos - 6º de educación infantil
 Poderedes ver máis imaxes desta festa na páxina web do colexio e no blog do ANPA.

viernes, 8 de febrero de 2013

A protagonista da semana: ALEXANDRA

Esta semana, do 22 de Xaneiro ao 2 de Febreiro, a protagonista foi:
ALEXANDRA
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Alexandra: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...
Como de costume, ensinóunos fotos de cando era bebé e nos amosou o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou.
O xoves 31 de xaneiro, tivemos a visita na aula dos seus pais, que nos fixeron participar dunha chea de sorpresas.
A primeira foi ver que o papá viña acompañado dun enorme instrumento musical: unha gran “tuba” que soaba e todo! Comezou a tocar e fixo un percorrido pola clase coma se fose un pasarrúas; todos/as quedamos abraiados sen ser quen de reaccionar ante tal espectáculo. Pronto, nos decatamos de que ía a cousa: queríanos contar un fermoso conto titulado “A CLASE DE TUBA” e seguía tocando mentres se proxectaban as imaxes do conto na pizarra...
De súpeto, apareceu pola porta un terrible oso, que parecía moi fero, pero coa música foise facendo máis agarimoso.
A segunda sorpresa foi descubrir que o oso era, en realidade, a mamá de Alexandra que tamén participaba no conto.
Rematado o conto, Alexandra amosoulle á súa familia o traballo realizado durante a semana e, a continuación, os compañeiros/as comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas sobre Alexandra na casa dende que era bebé, etc.
 
Así, soubemos que o papá traballa nunha tenda de música e a mamá nunha mercería. Que Alex foi unha bebé moi boiña e, aínda que medrou, segue a ser moi boa. Que axuda moito e lle gusta colaborar en todo... en fin, coma na clase
E, para rematar tan doce mañá, repartíronnos uns caramelos.
 E, como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.
 
GRACIÑAS

jueves, 7 de febrero de 2013

O Meco manda...

Esta á a de mañá:
  
Neste  entroido  2013, O MECO ORDENA….
No venres, un bigote has pintar para poder rir sen parar.
Por outra banda, informamos que a Festa de Entroido terá lugar o día 15 DE FEBREIRO horario de mañá (somentes para o alumnado do colexio) e da tarde, organizada pola ANPA para toda a Comunidade Escolar. A data retrásese para evitar conincidencia cos actos programados para o Día da Paz.
Para ir preparando o ambiente, o Meco (neste ano, é a INXUSTIZA, contra quen loitou tanto Tintín) dará instruccións a diario para vir á escola caracterizado/a dalgún xeito.
 
miércoles, 6 de febrero de 2013

O Meco manda...

Esta á a de mañá:
  
Neste  entroido  2013, O MECO ORDENA….
Para   mañá xoves, se vés, trae a roupa do revés. É outra forma de ver as cousas con igual, ou aínda maior interés.

Por outra banda, informamos que a Festa de Entroido terá lugar o día 15 DE FEBREIRO horario de mañá (somentes para o alumnado do colexio) e da tarde, organizada pola ANPA para toda a Comunidade Escolar. A data retrásese para evitar conincidencia cos actos programados para o Día da Paz.
Para ir preparando o ambiente, o Meco (neste ano, é a INXUSTIZA, contra quen loitou tanto Tintín) dará instruccións a diario para vir á escola caracterizado/a dalgún xeito.
 
martes, 5 de febrero de 2013

O Meco manda...

Esta á a de mañá:
  
Neste  entroido  2013, O MECO ORDENA….
Mañá mércores, como non podemos ir a Navia a celebrar a Paz, entra no cole cun zapato de cada par. Se queres mellorar este mundo, cun pequeno xesto serás capaz.

Por outra banda, informamos que a Festa de Entroido terá lugar o día 15 DE FEBREIRO horario de mañá (somentes para o alumnado do colexio) e da tarde, organizada pola ANPA para toda a Comunidade Escolar. A data retrásese para evitar conincidencia cos actos programados para o Día da Paz.
Para ir preparando o ambiente, o Meco (neste ano, é a INXUSTIZA, contra quen loitou tanto Tintín) dará instruccións a diario para vir á escola caracterizado/a dalgún xeito.
 
lunes, 4 de febrero de 2013

O Meco manda...

Como todos os anos por estas datas, o Meco manda ordes que debemos cumprir para celebrar o Entroido.
Esta á a de mañá:
  
Neste  entroido  2013, O MECO ORDENA….
Para   mañá martes  hai  que  por  os  motores  a  funcionar, terá que traer o delantal  para  o  entroido  adiantar. Nenos e nenas... homes e mulleres na cociña han traballar.