jueves, 25 de octubre de 2012

Día das Bibliotecas Escolares e Reapertura da BiblioRía

Onte, 24 de outubro de 2012, se celebrou o Día das Bibliotecas Escolares e, como xa é tradición, a reapertura da BiblioRía.
Os alumnos/as de infantil puidemos baixar á BiblioRía e ver as novas de Gaspar a última hora da mañá. Xa nos corredores da escola, podiamos ver unhas "pistas" sobre o tema deste ano así como descobrir o "lema" escollido: "LENDO O MUNDO CON TINTÍN".
Pouco a pouco, entramos na BiblioRía e puidemos ver a mostra de libros de Tintín que Gaspar nos tiña preparada. A partires deles, poderemos acceder a un milleiro de historias interesantes que nos situarán en diferentes puntos do mundo. 
 
Gaspar foi o encargado de facer as presentacións e lle pedir aos seus amigos, Tintín e Milú, que nos contasen historias emocionantes. Así, despois de repasar un pouco as normas presentes na BiblioRía, puidemos desfrutar dun anaco dunha das películas de Tintín.
 Antes de marchar, nos agardaba unha sorpresiña de Gaspar. Entregounos unha gominola con forma de golfiño e un marcapáxinas relativo ao proxecto deste ano e que poderemos colorear nas nosas aulas. As mestra recibiron unha chapa de Tintín e Milú e unha libretiña para facer anotacións.
Coma sempre, todo un éxito!!! Xa temos ganas de comezar a visitar a BiblioRía e descobrir información e historias sobre as dúas personaxes protagonistas este ano: TINTÍN E MILÚ.
ATA A PRÓXIMA

miércoles, 24 de octubre de 2012

Facemos collares do noso nome

Aquí vos amosamos unha actividade levada a cabo polo alumnado de 4 anos: uns collares que levan o seu nome.
Para a realización dos mesmos empregamos a pasta PATCOLOR da marca Jovi
(Pasta para modelar coloreada que se endurece al aire sin agrietarse. Su consistencia y flexibilidad hacen de ella una pasta muy práctica, ideal para crear pequeños objetos. Los colores son vivos y variados, no manchan y pueden mezclarse entre sí para obtener nuevas tonalidades.
Patcolor es agradable al tacto y se amasa y moldea fácilmente con las manos o con la ayuda de moldes, moldeadores y musgueras.
Como la pasta se seca lentamente, las creaciones pueden pulirse y pegarse unas con otras humedeciendo las zonas de unión con el dedo mojado en agua.¡Así entran ganas de ponerse manos a la obra! La pasta NO utilizada se ha de guardar en los botes y cerrarlos._http://www.jovi.es/clientes/modelaje/patcolor.html)

e tamén uns moldes de plastilina das letras maiúsculas.
  Con todo isto, comezamos a traballar. O primeiro que fixemos foi estirar a masa para, a continuación, facer os moldes das letras do noso nome. Posteriormente, fixemos un buraquiño por onde colocariamos a cinta ou o cordel e, por último, puxémolo a secar.
 Unha vez ben secas as letras, colocamos a cinta e xa temos rematados os nosos collares. Posteriormente, podemos realizar xogos variados coma:
- Cada neno/a entrega ao neno/a correspondente o seu collar. Para iso, ten que coñecer o seu nome e saber a quen corresponde.
- Cos collares colocados nos seus "amos" correspondentes, poderemos facer grupos de 3 e "desordenar" os collares. Outro neno ten que adiviñar que ten mal colocado o nome e cal é o que debería ter.

lunes, 22 de octubre de 2012

A protagonista da semana: AMANDA



Esta semana, do 15 ao 19 de Outubro, a protagonista foi:
AMANDA
Ao longo destes días fomos coñecendo máis cousas sobre ela: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos, as súas cousas favoritas . . . 
E podemos comprobar canto medrou dende que naceu ate o de agora.
Tamén nos foi ensinando fotos da súa familia e dalgunhas das súas mascotas.  Dese  xeito o seu recuncho foise enchendo soas súas cousas.
O venres visitounos a súa mamá,  Begoña , na aula, que viña acompañada dunha das súas mascotas.
Begoña contounos moitas cousas de cómo é  Amanda cando está na  casa, e así podemos saber que Amanda é unha nena moi responsable e tranquila, que axuda a coidar dos animais, que fai a súa cama e que lle gusta moito ler e debuxar. Tamén nos contou que de bebé chorou ate os 6 meses, despois xa non, que sempre lle gustou moito comer, etc.
Na casa de Amanda hai moitos animais, nos xa coñecemos os Agapornis (loros) que nos trouxo o ano pasado á clase, pero tamén teñen dúas tartarugas que son xa moi maiores,  unha gata e tres cans. Un dos cans, que se chama Indio, ten unha historia moi tenra que nos contaron, pois o encontraron perdido no monte e  adoptárono e agora vive feliz coa súa familia.
Por fin, ábrese a xaula de transporte e sae Perla, a súa gata. Todos os nenos e nenas quedaron abraiados, xa que Perla é unha gata impresionante, tanto polo seu tamaño como polo pelo que ten e os seus ollos de cor laranxa. . .
Perla demostrou ser unha gata moi tranquila e deixouse acariciar polos atónitos espectadores.
Amanda e a súa mamá contarnos  como había que coidala: darlle de comer pienso, bañala e cepillarlle ben o pelo para que  estea ben bonito, pasarlle as revisións do Veterinario e poñerlle as vacinas necesarias.
Xa para rematar,  repartiron uns agasallos moi chulos: uns debuxos cunha dedicatoria para cada un, feitos por elas na casa,  e unha piruleta de corazón.
Antes de rematar esta doce visita entregámoslle  un diploma como recordo desta semana e  despedimos a Begoña cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!

jueves, 18 de octubre de 2012

Contos do medio

A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca Xosé Neira Vilas, organiza o obradoiro gratuíto

CONTOS DO MEDIO

Nenos e nenas de 3 a 5 anos: mércores, 24 de outubro.
Hora: 18:00 h.
Lugar: Biblioteca Xosé Neira Vilas (Emilio Martínez Garrido, 21) Apertura de portas ás 17:45 ata completar as 30 prazas.

A temática dos contos céntrase nos bosques, nos ríos, no mar, nas árbores, na fauna e na flora; así aproximarémonos a estes ecosistemas na procura dem os coñecer un pouco mellor, fomentarnos a visibilidade da súa diversidade, entendermos a nosa relación e as obrigas de todas e todos nós con eles.

miércoles, 17 de octubre de 2012

O noso recuncho de "Xaime e as landras" na aula

Aquí vos deixamos cunhas imaxes do recuncho presente na nosa aula para organizar toda a información sobre o conto "Xaime e as landras".
Este luns, despois do recreo, estivemos buscando un carballo polo colexio. A mestra Paula ensinounos un que temos nunha das entrada á escola e así puidemos ver as súas follas, o seu tamaño, se tiña landras ou non, etc.
Agora, temos que investigar se o carballo é de folla perenne ou caduca. Na árbore da aula puxemos unhas follas pero precisamos coñecer que tipo de folla ten para determinar se poñemos máis ou non. E ti, sabes se é de folla caduca ou perenne?

martes, 16 de octubre de 2012

Actividade LIM: "Xaime e as landras"

Aquí vos deixamos esta actividade LIM sobre o conto "Xaime e as landras".
Coma sempre, se queredes xogar a pantalla complera, deberedes premer no cadrado situado na parte superior dereita da actividade.
Agardamos que vos guste.
 

lunes, 15 de octubre de 2012

Os contos/cantos do bardo Abelardo

O pasado luns, 8 de outubro, desfrutamos na BiblioRía da escola dos contos/cantos do bardo Abelardo.
Xa o coñeciamos doutras ocasións e, coma sempre, foi unha sesión moi divertida acompañada da música do seu acordeón. Realizamos uns xogos coa escala musical que repetiamos, ensinounos unha canción acumulativa ("A árbore da montaña, ia, ia oh,...") e outra moi divertida na que diciamos "mal raio te parta can que pouco agradeces o be que che fan).
Moitas grazas bardo Abelardo e ata a próxima!!!