Esta semana, do 22 ao
26 de Outubro, o
protagonista foi:
MIGUEL
Ao longo destes días fomos coñecendo máis cousas sobre o noso
compañeiro Miguel: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . estivo encantado de poder amosarnos as súas
cousas favoritas!
Podemos ver fotos de
cando era bebé e o pequeniña que era a súa roupa. A Miguel faille moita gracia ensinárnola. Cánto medrou!
Tamén nos foi ensinando fotos de distintos momentos da súa vida e da súa familia. Antes eran unha
familia de tres, pero este ano naceu a súa irmanciña Blanca e agora xa son
catro.
O venres día 26,
visitounos a súa familia na aula, viñeron os seus papás, Ana e Jose. Blanca non veu porque estaba un pouco maliña,
pero recordamos que xa a coñecemos a finais de curso, con só unhas semanas de
vida, aínda que xa debeu de medrar moito dende aquela...
Quen si veu foi a súa
mascota, a cadeliña Rona . Foi outra mañá de venres moi divertida, na que coñecemos
un pouco máis ao noso compañeiro.
Comezamos cunha sesión de fotos nun power point que Ana, a
mamá, nos tiña preparada e así puidemos ver
como era o noso protagonista nas
distintas etapas da súa vida, dende que naceu ate o de agora, e canto medrou!
Ate poidemos vernos todos nunha foto do fin de curso pasado que fixemos co
volcán!
Jose, o papá, contounos un conto de
piratas, escrito por el mesmo, titulado “¡NAUFRÁGIO A LA VISTA!”, todos
estabamos moi atentos porque coñecemos moi ben ese tema. Gustounos moito.
E chegou o momento de facer de
periodistas. E preguntando, preguntando. . .
soubemos que Miguel choraba moito cando era bebé, que lle gusta moito
comer, que tamén lle gusta moito a auga, para xogar e para nadar, que xa sabe
bañarse soiño e ate secarse e vestirse ao saír do baño, e que desfruta axudando a coidar o xardín, aínda que é un pouco revoltoso é moi
cariñoso.
Tamén lle preguntamos polos traballos que facían os papás, e
contáronnos que a mamá é ama de casa e o papá contable, aínda que creo que non
quedou moi claro para que sirve iso. . . xa medraremos para entendelo.
Por fin, outro momento esperado: a presentación en sociedade
da súa mascota, a cadeliña Rona. Todos os nenos e nenas quedaron encantados co
boísima que era deixándose acariñar por tantas mans inquietas.
Miguel quixo ensinarlle aos pais o traballo que está a
realizar na aula sobre si mesmo.
E xa para rematar,
repartiron uns agasallos moi chulos: unhas “paxariñas de papel” de
moitas cores, feitas por Miguel e a aboa Marisa coa técnica do origami, e tamén
unha doce sorpresa de chocolate.
E coma sempre, antes de rematar esta doce visita
entregámoslle un diploma como recordo
desta semana e despedimos desta familia
cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!