jueves, 13 de diciembre de 2012

Como facer un postre moi tenebroso

Hoxe, vos presentamos unha receita saborosísima para realizar nas casas ou nas aulas: arañas tenebrosas.
Para a súa realización, precisaremos os seguintes ingredientes:
 En primeiro lugar, cubrimos unha cara da galleta con crema de cacao; a continuación, colocamos dúas bolitas de chocolate para formar os ollos e uns anacos de palo Mikado para crear as patas da araña.
Aquí tedes o resultado:

Botes portalapis de monstros

Aquí vos amosamos unha manualidade moi divertida que poderedes realizar nas vosas aulas ou nas casas coa familia.
Consiste na elaboración duns porta-lapis aproveitando os botes de vidro da mermelada, os pepinillos, as olivas,...
Soamente, necesitamos pintura para pintar sobre cristal e moita imaxinación. Neste caso, a cor escollida foi a verde escura; os ollos están feitos con papel branco picado polo alumnado, a boca con rotulador permanente prateado e o pelo con folios de cores.
Quedaron chulos, verdade?

Traballo 4 anos_O medo

Aquí vos deixamos o traballo realizado polos nenos e nenas de 4 anos sobre o medo.
Agardamos que vos guste.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Divírtete estes días festivos

Aquí vos deixamos estes divertidos xogos cos que vos poderedes divertir nas casas estes días de Ponte da Constirución. Por certo, vós aproveitades estes días para decorar a casa de Nadal???

Grazas a esta sinxela actividade, os nenos e nenas poderán practicar co rato do PC (ou co seu dedo se tedes unha tablet) así como pintar ao seu gusto a árbore de Nadal.

Agora, poderemos colocar na árbore os obxectos que máis nos gusten así como os diferentes agasallos. Arrastra os elementos ata a árbore coa axuda do rato ou do dedo.

 Despois de traballar tanto cos xogos anteriores, chega a recompensa. Poderedes facer unha foto de cada un cos Reis Magos!!!... Adiante!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

O protagonista da semana: ADRIÁN



Esta semana, do 26 ao 30 de Novembro, o protagonista foi:
ADRIÁN
Na última semana de novembro, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Adrián: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . .  e tamén estivo encantado de poder amosarnos as súas cousas favoritas! 
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 30, tivemos a visita da súa mamá, Loli, na aula, que viña acompañada polas súas mascotas, as tartarugas Flor e Fin. Todos tivemos a oportunidade de tocalas entre risas e algún susto.
Chegou o momento das preguntas e, así, nos enteramos como é Adríán na casa. A súa mamá contounos que foi un bebé moi bo, que durmía toda a noite e comía moito, que lle gusta moito xogar todo o día, pero tamén axuda a facer as camas e a poñer a mesa.
A petición de Adrián, a súa mamá nos leu o conto “LOS TRES CERDITOS”, que nos gustou moito.
E, xa para rematar, Adrián nos repartiu os agasallos, que fixo coa sua mamá na casa: uns debuxos de "Bob Esponja" para colorear e unhas moedas de chocolate.
 E, coma sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.
                                         GRACIÑAS!!!                                   

lunes, 3 de diciembre de 2012

Crebacabezas Nadal

Aquí vos deixamos uns crebacabezas do Nadal que poderedes imprimir, recortar e pegar nunha folla. Agardamos que vos gusten.

Recursos para o Nadal

Grazas á mestra Belen Junquera e ao seu blogue (http://www.madenglishouse.eu/bitacora/) podemos desfrutar dun milleiro de recursos relacionados coas festas navideñas.
Recomendamos a tod@s os lectores deste blogue que visiten o blogue de Belén no que atoparán milleiras de publicacións interesantes.
Para acceder ás diferentes ligazóns, premede en cada un dos debuxos que poderedes atopar a continuación.

 



MOITOS MÁIS RECURSOS EN  http://www.madenglishouse.eu/bitacora/

viernes, 30 de noviembre de 2012

CULTURGAL

Dende o noso blogue, recomendamos a todas as familias que visiten CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais, que terá lugar os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Onde está?
Rúa Alexandre Bóveda s/n 36005
Pontevedra
Contacto: 986 833 061
www.pazodacultura.org
En Google Maps: http://ir.gl/8ae33c
Coodenadas GPS
Latitude: 42.436729
Lonxitude: -8.63902
Na páxina web
poderedes atopar toda a información necesaria sobre os diferentes obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros e discos, etc. que terá lugar esta fin de semana en Pontevedra. 
fotoexito01-web
Culturgal é unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade. Un evento único, de periodicidade anual, que chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias creativas en Galicia.
A Feira das Industrias Culturais de Galicia é moito máis que un encontro profesional. Culturgal é unha romaría á que acoden cada ano miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua. Tres días de intenso traballo conxunto que convirten tamén a Feira nun lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas. No eido das industrias culturais, Culturgal é sen dúbida o proxecto coa rede máis ampla de colaboradores institucionais, asociativos e empresariais.

Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.