miércoles, 19 de octubre de 2016

MANDALAS DE OUTONO

Como ben sabedes pintar mandalas aporta moitos beneficios para os nenos e nenas, por iso na nosa aula de cinco anos estivemos estes dias a pintar mandalas de outono.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo tan relaxante.










martes, 18 de octubre de 2016

MELLORANDO DESTREZAS

Boas tardes familias! Nesta etapa é moi importante a adquisición de autonomía por parte dos nenos/as e para iso é imprescindible traballar, a parte de outras cuestións como poden ser a súa autoestima ou a ampliación de responsabilidades, a PSICOMOTRICIDADE, xa que a través da súa mellora (precisión, eficacia, harmonía de movementos, coordinación) os nenos/as serán cada vez un pouco máis autónomos. Por isto na aula cada día traballamos un pouquiño este aspecto a través de diferentes actividades, concretamente nestas imaxes realizan actividades onde desenvolven a psicomotricidade fina e a coordinación visomanual.














lunes, 17 de octubre de 2016

MURAL DE OUTONO

Todos os nenos e nenas de infantil estivemos a colaborar no mural de outono que decora o noso andar.
Esta e unha pequena mostrar de todo ese traballo.

viernes, 14 de octubre de 2016

RECICLAMOS

Bos días familias!!
Estes días estivemos recibindo moitos paquetes na nosa clase con algún regaliños para traballar e xogar: maquillaxe, plastilina nova, rodillos con diferentes formas, punzóns e almohadillas, etc. Pero houbo algunas cousas que nos chamaron moito a atención… tres papeleiras de tres cores diferentes!Unha verde, unha azul e a outra amarela!
Despois de moito pensar para que queríamos tantas papeleiras, caímos na conta de que as iamos usar  para reciclar! E somos tan pero tan listos, que aprendemos moi rápido o que tiñamos que tirar en cada unha delas… Estamos feitos unhas máquinas!!

jueves, 13 de octubre de 2016

MURAL DE OUTONO

Querídas familias! Como xa sabedes, para decorar o noso andar, estamos facendo entre todos os nenos/as de infantil un mural do outono. Concretamente nós, os nenos/as de 3 anos, somos os encargados de facer o fondo do mural! Déixovos aquí unhas fotiños do proceso...





 





.. e este é o resultado final!!




martes, 11 de octubre de 2016

A PROFE MARTA VISITA A NOSA AULA



Bos días familias!!
Como cada venres, recibimos unha visita moi especial na clase… da profe Marta! A nosa especialista en Audición e Linguaxe. O venres pasado, presentounos os seus amigos… Lembrades como se chamaban? O loro Rodolfo e o mono Manolo!!! Que ben o pasamos con eles….Xa estamos desexando que volvan pronto!Aínda que algúns non quixeron acercarse porque tiñan un pouco de medo… Pero bueno, un par de visitas máis e xa non os soltan, seguro!!
Grazas profe Marta polo teu traballo tan ben feito!






lunes, 10 de octubre de 2016

CREBACABEZAS DO OUTONO

Os nenos e nenas de cinco anos estivemos a facer un crebacabezas de outono que nos deu moito traballo, coloreamos, recortamos e pegamos.
A VISTA DO RESULTADO O ESFORZO PAGOU A PENA.
Aquí vos queda un video que amosa todo o noso esforzo.

viernes, 7 de octubre de 2016

AS RUTINAS DE 3 ANOS

Pouco a pouco os nenos e nenas de 3 anos están adquirindo as rutinas diarias.

Realizamos as tarefas da asemblea xuntos e dialogamos! 









Coñecemos a nosa mascota de aula, un pequeno trasno que nos irá aportando diferentes achegas a través do seu baúl máxico!



Algúns de nos xa somos quén de poñer sos o mandilón, e cando rematamos axudamos aos compañeiros/as.















Cada día somos máis autónomos para ir ao servizo, colocar a mochila na cadeira, o sobre na súa caixa,...









E xa coñecemos o funcionamento do panel dos recunchos!























MOI BEN!!