Durante estes últimos días de xuño, os nenos e nenas de 4 anos estiveron a elaborar un portavelas moi chulo co cal agasallaron ás súas familias e os empaquetaron dentro destas bolsiñas tan "discretas"
Os portavelas os fixemos con vasos de cristal de iogur aos que lles pegamos papeis de seda de cores. Por enriba, e para fixar ben os papeliños, botamos un pegamento especial da marca Jovi xa que coa cola branca "de toda a vida" non pegaban ben.
Para rematalos, unha vela dentro do vaso e un pouco de cinta de agasallos e lana para decorar a parte superior.
Quedaron chulísimos verdade???
No hay comentarios:
Publicar un comentario