Este mércores, 21 de decembro, celebramos a última xornada na escola antes das Vacacións de Nadal.
Como ben comentabamos nunha das últimas entradas deste blogue, o chocolate, a visita do Rei e o teatro das familias animou este día.
Para comezar, que mellor que quentar o corpo cun saboroso chocolate elaborado polas cociñeiras da escola.
Para continuar coa xornada, unha emocionante visita do Rei Mago... algún que outro aínda ten o "susto" no corpo...
Pedímoslle bos desexos pero tamén algún que outro agasallo... e nós recibimos gominolas e as mestras unha pranta de Nadal.
Xa para rematar, un divertidísimo teatro de pais/nais onde eles mesmos se converteron nuns simpáticos bebés... FELICIDADES POLO VOSO TRABALLO... ENCANTOUNOS!!!
Aquí vos deixamos algunhas ligazóns de interese.
Se queredes descargar as imaxes correspondentes a estes días de festa, poderedes premer nestes enlaces.
..........................................................................
Por outro lado, queremos lembrar a todos os nosos visitantes que poderedes seguir visitando este blogue e xogando coas actividades de Nadal propostas como, por exemplo, as seguintes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario