lunes, 5 de marzo de 2012

Prantamos árbores no monte de San Miguel

O pasado mércores, 29 de febreiro, estivemos realizando unha prantación de árbores no monte de San Miguel de Oia.
 Esta actividade xa tivo lugar o curso pasado e, este ano, decidimos repetir xa que é unha xornada moi entretida para os máis pequenos e así tamén contribuimos á mellora do medio ambiente.
Ás 10:30 horas da mañá, os autobuses agardaban ás portas da escola para levarnos de excursión ao monte. Estabamos todos un pouco nerviosos e con moitas ganas de marchar e chegar.
 O primeiro que fixemos cando chegamos foi organizarnos por grupos para poder prantar; así, un alumno de 3, un de 4 e un de 5 formaron "as diferentes unidades de prantación"... cada un destes grupos coa súa pequena árbore.
 No monte esperaban os homes da Comunidade de Montes de San Miguel de Oia que xa fixeran os buracos onde "colocabamos" a nosa árbore. Todos eles estiveron pendentes de nós en todo momento, nos axudaron a facer a prantación, nos deixaron as ferramentas apropiadas (rastrillos, sachos, palas,...)
Pouco a pouco, prantamos todas as árbores...
 ... e, despois de todo este esforzo, unha merecida recompensa: uns saborosos bocatas de pan con chocolate, froita variada e zumes de froitas... estabamos famentos!!!
 Tampouco faltou o momento de xogo libre e diversión; así, despois da meranda, puidemos desfrutar un pouquiño da natureza e xogar libremente polo monte, buscar landras, tirar as follas polo aire,...
 Unha xornada moi divertida e educativa que temos ganas de voltar a repetir.
Se queres desfrutar de todas as imaxes, soamente tes que premer nesta ligazón:

 https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20120229PrantamosAbores

4 comentarios:

  1. Hola, somos del blog olardospitufos y os hemos conocido a través de los premios Edublogs, ¡ya tenéis unas seguidoras más! Enhorabuena por vuestro blog, es muy chulo!! os invitamos a que os paséis por nuestro y nos sigáis si queréis!!
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por vuestro comentario... por supuesto que nos pasaremos por vuestro blog!!!
    Saludos y ya os dejaremos comentarios.

    ResponderEliminar
  3. me gusta moito ver fotos , os nenos da clase de tere non se ven en conxunto ,por favor poñede mais fotos nos gusta ver a todos xuntos grazas

    ResponderEliminar
  4. Temos en conta a vosa suxerencia. No caso de excursións e diferentes actividades, ás veces, é difícil que aparezan os nenos por grupos xa que, nesta actividade, foron prantando árbores con outros nenos das outras aulas, pero temos en conta as vosas opinións e intentaremos subir máis imaxes do grupo.
    Saúdos

    ResponderEliminar