Xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, unha sorpresa chegou á aula de 4 anos da escola...
Ao entrar na aula todos exclamaron... LOROS!!!
Claro, levamos xa algún tempo coñecendo estas inseperables mascotas dos piratas... ata pintamos o noso loro nun cadriño... pero estes non eran loros senón... AGAPORNIS, corrixiu Amanda.
Ela coñece moi ben a esta especie xa que estas mascotas viñeron da súa casa.
Ela coñece moi ben a esta especie xa que estas mascotas viñeron da súa casa.
A nai de Amanda trouxo moi amablemente estas aves á escola, acompañados dunha nota onde eles mesmos se presentaban e nos contaban cousas moi interesantes como, por exemplo, que lles chaman "os paxaros do amor", porque sempre están xuntos, danse de comer, límpase os uns aos outros e sempre están dándose bicos e afecto.
Outros datos que coñecimos foron os seguintes:
- Que son os únicos da súa especie que poden compartir o seu espazo con outros paxaros máis pequenos sen lles facer dano.
- Que aínda non teñen ovos, pero que xa fixeron o seu niño.
- Que é moi difícil distinguir ao macho da femia, só por uns osiños que teñen entre as patas. Destes dous, a femia é a máis verde e a máis alta, e o macho o máis amarelo.
- Que lles gusta moito o sol.
- Que comen alpiste, pipas, froita, leituga e beben auga.
- Que os seus donos ensínanlles a poder saír e entrar da gaiola sos. Os agapornis de Amanda non poden saír porque os seus donos teñen unha gata que, aínda que é moi boa, encántanlle os paxaros.
Todos estivemos moi atentos a estas explicacións e preguntámoslle ao Sr. Google en Internet para investigar un pouco máis. Vimos que había agapornis igualiños a estes e tamén con outras cores: branco, azul, etc. e ata vimos o nacemento dunha cría dun ovo moi pequerrechiño.
Sobre todo, comprobamos que os paxaros teñen pico, dúas patas, dúas ás e o seu corpo cheo de plumas. Tamén que teñen moitas e fermosas cores, coma o noso loro "Pipo".
Estes animais pertencen á especie dos Psitácidos e soubemos que Loro é o nome común que se aplica a unhas 340 especies de aves de brillante colorido que inclúen, entre outros, a cacatúas, loritos, agapornis, guacamaios e periquitos.
Amanda quixo compartir cos demais compañeiros de infantil e primaria todo o que coñecía sobre estes animais e, a verdade, é que lles encantou a todos eles.
Soamente podemos dicir: Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario