martes, 5 de junio de 2012

Nacen poliños na escola

O pasado xoves, os nenos e nenas de tres anos puidemos vivir un momento moi "emocionante" para nós. O mestre Bieito tiña unha sorpresa preparada na "Aula da Natureza": o nacemento dun poliños amarelos e... moi pequeniños!!!
Tivemos que entrar na aula moi, moi caladiños e de tres en tres, xa que non podiamos facer ningún ruido para non molestar aos novos "inquilinos" da escola.  
Grazas a uns ovos fecundados e a unha incubadora de ovos que temos na escola, puidemos descubrir como nacen os polos, o que comen, como comezan a camiñar, como saen do cascarón todos mollados, etc.
Nas imaxes poderedes ver os tres polos que saíron dos seus ovos e a outro un pouco perezoso a quen lle costa un pouco saír; os demais polo están a prestarlle axuda pero o poliño está tan ben dentro do cascarón que, de momento, non se move... a ver que pasa durante estes días.
Agora lle toca o turno aos nenos e nenas de 4 e 5 anos... a ver que novas nos comentan...

2 comentarios:

  1. Os Picariños convídanvos a visitar o noso blog e recoller o premio que vos otorgamos por ternos en todo momento ao día do que ocorre nese cole tan especial de Vigo.
    Por certo, xa nos iredes contando o seguemento deses poliños, que ilusión!!!!:

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas Picariños; en canto poidamos, escolleremos aos nosos blogues premiados.
    Saúdos e moitos bicos

    ResponderEliminar