É tempo de Outono na escola, tempo de Samaín, de castañas, de landras, de cabazas,... dun sinfín de froitos e características propias da estación do ano na que nos atopamos.
Grazas á colaboración das familias, puidemos realizar dúas mostras de Outono na escola; unha situada no porche do colexio e, a outra, no corredor de educación infantil onde, cada días, aumentamos a mostra de froitos, follas e características da estación.
Aquí podedes ver unha mostra da actividade realizada co alumnado de 4 e 5 anos no porche da escola, onde contamos coaaxuda da mestra Carme para decorar a entrada con froitos típicos da estación.
Vese que o outono entrou de cheo no voso colexio. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario, Ana!
ResponderEliminarA verdade é que a estacióndo Outono ofrécenos moitas ideas de traballo e sempre nos gusta moito celebrar as festas desta época do ano.
Unha aperta.