Tiñamos pendentes de compartir con todos estas imaxes da sesión realizada na aula de 4 anos, onde o alumnado coñeceu un pouquiño máis China.
Nesta aula, contamos coa presenza de Anika, unha nena con nai chinesa, que tivo o detalle de compartir con nós curiosidades variadas sobre este país, xusto o mesmo día que daba comezo ou se celebraba o Aninovo Chinés. Sabedes que en China este ano se celebra "O ano da cabra"???
As letras e os caracteres tamén son moi diferentes; puidemos trazar con pintura negra a palabra "primavera" nunha folla de papel. Nas imaxes poderedes ver que poucas "palabras" tivemos que precisar!!!
Por outro lado, un dos símbolos máis característicos deste país é o dragón, así que non deixamos pasar a oportunidade de pintar un, así coma de formar coas nosas mans un dragón xigante no corredor da aula.
Por último, Anika nos ensinou unha canción chinesa e un baile moi divertido.
Pasamos unha xornada moi, moi divertida e entretida na que, grazas á colaboración da nai de Anila (GRAZAS sempre ás familias por colaborar) puidemos descubrir máis aspectos doutras culturas.
Se ve que ao mesmo tempo que aprenderon moito sobre China, tamén disfrutaron moitísimo. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas por comentar, Ana!
ResponderEliminarUn bico e boa semana