Coa finalidade de repasar e interiorizar as letras maiúsculas, os venres xogamos ao Bingo das letras. Cada neno/a adquire un cartón e un
rotulador. Os locutores do bingo van dicindo a letra que sae e os
participantes van marcando as letra que teñen no seu cartón, cando fan unha
liña poden cantala ou esperar ao bingo, cando teñan todo o cartón cuberto.
Pasámolo xenial!
O noso primeiro finalista foi Lucas Durán!
Tras cantar o bingo, os locutores dan comezo a comprobación para verificar que sexa correcto. Unha vez resolto, o campión obtén un pequeno agasallo que compartirá con tódolos participantes.
O seguinte venres tivemos un empate entre Miranda e Xiana, que cantaron o bingo a vez!
No hay comentarios:
Publicar un comentario