Como ben anunciabamos na entrada desta mañá, hoxe pola tarde publicariamos outra entrada con recursos variados sobre San Valentín.
Navegando pola rede, atopamos milleiros de imaxes que compartir con todos e todas. Así, as poderedes descargar e colorear tanto nas casas coma nas vosas escolas.
Con algunhas destas imaxes, a mestras de infantil decidimos facer unha serie de crebacabezas. Son actividades que lles gustan moito aos máis pequenos e pequenas e, dende as casas, sempre son moi reclamadas e útiles para poder pasar unha tarde entretida en familia.
Aquí vos deixamos cos crebacabezas do San Valentín.
Grazas á cantidade de recursos que se atopan na rede, xurden ideas moi boas para traballar co alumnado. Así, grazas ao blog https://soniaeducadorainfantil.wordpress.com/ puidemos atopar esta manualidade que realizaremos cos nenos e nenas nas aulas durante estes días.
Cando teñamos o caracol feito, subiremos unha imaxe a este blog para que vexades o resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario