miércoles, 11 de marzo de 2015

Os mamuts

Onte, na aula de tres anos, estivemos a traballar cos mamuts e apredimos unha canción que recitamos a modo de poesía.
 HACE MILES DE AÑOS
VIVÍAMOS EN CUEVAS
Y PINTÁBAMOS MAMUTS
DENTRO DE ELLAS.
DESCUBRIMOS EL FUEGO
APRENDIMOS A CAZAR
Y DE LA NATURALEZA
ESCUCHAR SU MÚSICA
Y CON ELLA DANZAR

A continuación, coloremos o debuxo do mamut. Despois de ver no ordenador e nas imaxes que temos na aula que estes animais tiñan a pel marrón ou gris, collimos a ceras e puxemos mans á obra.
Aquí vos deixamos unhas imaxes de mamuts en branco e negro por se os interesa imprimilas e pintalas.

lunes, 9 de marzo de 2015

"La cocina de dibujos": Delicias de garabatos

Na aula de 3 anos, continuamos traballando co libro "La cocina de dibujos" (do que xa vos falamos neste post.).
 Nesta ocasión, a receita foi...

DELICIAS DE GARABATOS


DIBUJA EN EL PLATO LOS SIGUIENTES INGREDIENTES:

PARA EMPEZAR, DIBUJA UN BONITO GARABATO EN EL CENTRO DEL PLATO, CON EL COLOR DE ROTULADOR QUE MÁS TE GUSTE.

LUEGO DIBUJA OTRO GARABATO ENCIMA, CAMBIANDO DE COLOR DE ROTULADOR.

AÑADE UN ÚLTIMO GARABATO, CON OTRO COLOR DIFERENTE DE ROTULADOR.

AHORA, CON CERAS FINAS, VETE GARABATEANDO POR TODO EL PLATO, UTILIZANDO COLORES DIFERENTES QUE TE GUSTEN.

PARA TERMINAR, ESPARCE CON EL DEDO UNA LLUVIA DE PUNTITOS DE COLORINES POR ENCIMA, UTILIZANDO TÉMPERA LÍQUIDA.
      
¡DELICIOSOS!
 

 Aquí podedes ver o resultado:

viernes, 6 de marzo de 2015

As familias colaboran...Coñecemos China

Tiñamos pendentes de compartir con todos estas imaxes da sesión realizada na aula de 4 anos, onde o alumnado coñeceu un pouquiño máis China.
Nesta aula, contamos coa presenza de Anika, unha nena con nai chinesa, que tivo o detalle de compartir con nós curiosidades variadas sobre este país, xusto o mesmo día que daba comezo ou se celebraba o Aninovo Chinés. Sabedes que en China este ano se celebra "O ano da cabra"???
As letras e os caracteres tamén son moi diferentes; puidemos trazar con pintura negra a palabra "primavera" nunha folla de papel. Nas imaxes poderedes ver que poucas "palabras" tivemos que precisar!!!
Por outro lado, un dos símbolos máis característicos deste país é o dragón, así que non deixamos pasar a oportunidade de pintar un, así coma de formar coas nosas mans un dragón xigante no corredor da aula.
Por último, Anika nos ensinou unha canción chinesa e un baile moi divertido.
Pasamos unha xornada moi, moi divertida e entretida na que, grazas á colaboración da nai de Anila (GRAZAS sempre ás familias por colaborar) puidemos descubrir máis aspectos doutras culturas.

jueves, 5 de marzo de 2015

Mural sobre o Neolítico

Despois de traballar sobre a primeira etapa da Prehistoria: o PALEOLÍTICO, e realizar este mural tan chulo...
 ... chega o turno da seguinte etapa: o NEOLÍTICO. Así, os nenos e nenas de educación infantil xa estamos mans á obra, plasmando noutra parede as características principais deste período.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Deixar o chupete ten premio

Deixar o chupete... TEN PREMIO!!!
Esta é a iniciativa da tenda IMAGINARIUM para facilitar a tarefa de deixar o chupete os nenos e nenas. Hoxe, a compartimos con todos vós por se estades interesados.

Na aula de 5 anos, tamén facemos pinturas rupestres

O pasado xoves, publicabamos neste blog esta entrada a actividade realizada polo alumnado de tres anos, que consistiu en pintar como o facían os homes e mulleres da Prehistoria.
Hoxe, chega a quenda dos nenos e nenas de cinco anos, que avanzan na súa investigación; descubriron que eran grandes artistas: pintabas as súas covas (unhas veces por placer e outras para agradecer aos seus deuses unha boa caza) e, para levar a cabo esta tarefa, utilizaban canas, pinceis feitos con pelo de animal,...
Como xa o fixeron os nenos e nenas de tres anos, o alumnado de cinco anos se trasladou á época que estamos a traballar e elaborou a súa propia pintura, seguindo a "receita": 1 cullerada de pimentón, 1 cullerada de aceite e 2 culleradas de auga. Unha vez tiveron esta mezcla, pintaron as súas mans en positivo e negativo, así como fixeron un debuxo libre coa mezcla.
Aquí vos deixamos cunha pequena mostra de todo este proceso que agardamos vos guste.

martes, 3 de marzo de 2015

Recursos Pascua

Coma sempre por estas datas, nas aulas de educación infantil se fan actividades relacionadas coa época de Pascua, sobre todo, ovos, coelliños, etc.
Recuperamos hoxe este post publicado con anterioridade no que compartimos estas actividades variadas sobre a festa e que agardamos vos axuden na tarefa de recompilar ideas e recursos.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns interesantes onde poderedes descargar material variado:






lunes, 2 de marzo de 2015

Vídeo: "Las tres Mellizas y el Hombre de Cromañón"

Hoxe, compartimos con todos este vídeo de "Las tres Mellizas" e as súas vivencias xunto ao home de Cromañón. Aos nenos e nenas encántalle a historia; poderedes ver como vestían, como falaban, como descubriron o lume,... Adiante!!!