Este venres, 8 de abril de 2011, recibimos na nosa aula de 5 anos a familiares do protagonista Diego Sanjuan.
Ás 10:00 horas da mañá, chegaban a aula o seu pai Chechu e o seu tío Cándido para pasar con todo o alumnado unha xornada moi divertida e tamén moi musical...
O primeiro que fixemos, coma sempre, foi ensinar as actividades realizadas durante a semana polo protagonista; Diego, acompañado pola mestra Tere, foi amosando as fichas que contiñan datos variados da súa vida.
A continuación, chegou o turno da súa familia. O primeiro que nos tiñan preparado eran unhas fotografías de Diego... moitas delas moi divertidas e coas que rimos un montón!!!... mirade ao protagonista co casco e coas gafas!!!
Posteriormente, tod@s acudimos as nosas mesas para escoitar un conto que nos gustou moito; falaba de pesadelos... quen non ten algún que outro pesadelo pola noite...
O momento máis divertido e especial para todos e todas foi cando Chechu e Cándido nos ensinaron uns instrumentos musicais: pandereta, micrófono, guitarra... para que nos poden servir todas estas cousiñas???... pois para interpretar unha canción.
Coñecedes a canción de "Nena Daconte" titulada "Tenía tanto"?... pois foi a escollida para cantar todos xunt@s ... e con premio incluído!!! se cantabamos a canción, nos tiñan preparadas nunha bolsa unhas saborosas gominolas!!!
A verdade é que o fixemos moi ben e nos gustou moito a actividade que nos tiñan preparada... e tamén as gominolas claro!!!
Nós tamén lles compensamos co diploma que acredita a súa particiación no proxecto do protagonista.
Dende o noso blogue non podemos máis que dicir: MOITAS GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario