Esta semana, a protagonista na aula de 5 anos foi Nayra e, hoxe venres, recibimos a súa nai e ao seu tío para pasar xunto a eles unha divertida xornada.
O primeiro que tocaba, coma sempre, era ensinar a todos os presentes as actividades realizadas por Nayra durante a semana para así coñecer máis detalles da súa vida.
A continuación, Nayra decidiu ensinar un dos seus xoguetes favoritos... tivemos que estar moi caladiños para poder escoitar o son deste gatiño que tanto lles gustou aos nenos e nenas da aula.
Posteriormente, chegou o turno de "afinar o oído" e escoitar as melodías que o tío de Nayra interpretaba, acompañado polo seu baixo, e que os nenos e nenas tiñan que adiviñar... adiviñamos todas as cancións!!!
Despois da música, tocou facer de xornalistas e preguntar todas esas dúbidas que tiñamos sobre a protagonista... dirixidas a súa nai Andrea, ao seu tío Pedro ou a Nayra, investigamos sobre todas aquelas cousiñas que máis nos interesaban...
E, como non, despois de cantar e falar tocaba... pois iso, bailar un pouquiño... escollimos no ordenador do cole as cancións favoritas da protagonista e as bailamos ao noso ritmo; a continuación, as nenas da aula que van a danza quixeron interpretar algún dos bailes que ensaian e fixeron unha pequena representación na aula (a nosa protagonista estaba entre elas)
... e, despois de tanto baile, a protagonista quixo entregar a cada un dos seus compañeiros e compañeiras uns chupa-chups e uns agasallos sorpresa que puidemos apalpar cos ollos pechados para adiviñar o que era... chegou o momento e puidemos abrir os paquetes... silbatos e aparellos para facer pompas de xabón... que chulada!!!... evidentemente, non puidemos deixar pasar a ocasión de facer pompiñas pola aula.
Nós tamén tiñamos un agasallo para a familia de Nayra; a protagonista fixo entrega á súa nai e ao seu tío do correspondente diploma que agradece a súa presenza na aula e participación no proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario