martes, 24 de septiembre de 2013

A importancia da orientación espacial e actividades

Nesta entrada de hoxe queremos facer fincapé nun aspecto relevante a traballar co alumnado de educación infantil: a orientación espacial. 
Situarse ben no espacio (tanto nós mesmos, os demais e os obxectos) é importante para o posterior desenvolvemento da lectura e a escritura, cunha direccionalidade específica (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo). No momento que esta direccionalidade non está clara, podemos atopar diferentes rotacións de letras (coma b, d, p, q) ou outro tipo de situacións.

Para poder traballar desde as casas e as aulas este aspecto, aquí vos deixamos estas actividades que poderedes imprimir e completar coa axuda das tesoiras e o pegamento.

Se queredes traballar con elas de forma dixital, aquí vai o enderezo dende onde as poderedes descargar (para utilizar co programa específico dos Encerados Dixitais Interactivos)

Estas actividades versan sobre os hábitats dos diferentes animais, aspecto que lle gusta ao alumnado e que xa traballamos con eles o curso pasado.


Buceando pola rede, atopamos diferentes ligazóns onde poderedes atopar máis actividades deste tipo para traballar nas aulas o nas casas, coa axuda das tesoiras e o pegamento.
Adiante!!!

No blogue Cosquillitas en la panza (http://cosquillitasenlapanza2011.blogspot.com.es/) atopamos tamén estes recursos que compartimos con todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario