Coma sempre, é necesario lembrar unha serie de normas que todos debemos cumprir e, así, facilitar o funcionamento do centro.
- A entrada no recinto escolar será a partir das 09:15 h. a través do portal situado na Avenida Cesáreo Vázquez. Se algunha familia necesita realizar a entrada ao colexio con anterioridades ás 09:15 h, pode facelo a través do servizo "Espertar xogando", actividade que atende dende as 08:00 h. a todo o alumnado do colexio que así o solicite.
- O alumnado do colexio non pode estar acompañado por familiares no recibidor da escola. Unha vez que o alumnado acceda ao recinto escolar, os familiares acompañantes deben saír da escola a través do portal do Camiño de Oia para evitar atrancos na entrada.
- O alumnado do colexio non pode ser acompañado por familiares na subida ás aulas (agás o alumnado de 4º de educación infantil durante o Período de Adaptación).
- A partires das 09:40 h. os portais de acceso ao colexio permanecerán pechados por razóns de seguridade. A partir desta hora, e soamente para casos xustificativos, o acceso será polo portal do Camiño de Oia (este portal está previsto dun porteiro automático ao que se debe chamar) Nese caso, a persoa que acceda ao colexio debe dirixirse á primeira planta fronte ao despacho de secretaría, lugar onde será atendida por un responsable do centro.
- A partires das 14:30 h. as aulas estarán pechadas e, polo tando, o acceso ás mesmas non será posible ata o día seguinte.
Lémbrase tamén que queda totalmente prohibido o estacionamento de vehículos na zona reservada á parada do servizo de transporte escolar. Pense que por aparcar o seu coche pon, por un lado, en perigo a seguridade das nenas e nenos que se ven obrigados a descender do autobús nun lugar non axeitado para tal fin e, polo outro, a xenerar un caos de tráfico nas inmediacións do colexio. Do mesmo xeito, seguindo as directrices do Departamento de Seguridade do Concello de Vigo e, ante todo, pensando na seguridade das súas fillas/os, queda rigurosamente prohibido acceder peatonalmente ou con coche á zona de estacionamento creada no recinto escolar ao redor do ximnasio. Este acceso será para o persoal laboral do colexio ou para calquera outro persoal autorizado pola Dirección do centro. Esta medida tamén ten vixencia polas tardes en horario de actividades extraescolares, momento no que para acceder ao colexio deben facelo, única e exclusivamente, pola entrada principal.
Por outro lado, faise saber que nos percheiros ubicados no recibidor e ximnasio do colexio hai cantidade de roupas esquecidas por nenas e nenos durante o pasado curso. Así mesmo, na porta do ximnasio hai unha caixa con roupa esquecida durante o Campamento de Verán. Ábrese un prazo ata o día 27 de setembro para que sexan retiradas polos seus propietarios. A partir desta data será recollida e depositada nun contendor de roupa usada.
Sen máis, agardamos que disfrutedes deste novo curso, como todos os anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario