A verdade é que para Eric Carle soamente temos palabras de agradecemento.
Como ben sabedes, durante o curso pasado estivemos a traballar cos seus contos (fixemos traducións, utilizámolos como centro de interés dalgúns temas, desenvolvimos un obradoiro de cociña, estudiamos a súa biografía,...) e o propio Eric Carle foi informado dos "nosos pasos".
Grazas a Ana, a mestra de inglés (e a Belén Junquera que nos facilitou moitos datos e recursos), puidemos ter contacto co autor vía mail.
Como non podería ser doutra forma, o propio Eric Carle foi informado da consecución do 3º Premio de Innovación Educativa e, este mesmo xoves, nos mandou á escola unha lámina do abecedario feita por el mesmo e adicada para todos e todas.
GRAZAS ERIC CARLE!!!
("mellores desexos". Eric Carle)
felicidades!!!!!! a verdade é que é un orgullo para nos, que os nosos nenos vaian a un cole con correspondecia directa con Eric Carle e mais que nada por todo o que aprenden grazas a todas vos.
ResponderEliminarBicos de Antía, Sabela e os seus pais.