lunes, 7 de febrero de 2011

Recollemos o premio de Innovación Educativa 2010

Hoxe, luns 7 de febreiro de 2011, as mestras do colexio que elaboraron o proxecto de innovación educativa pasaron unha xornada matinal en Santiago de Compostela.
Ás 11:30 horas da mañá, entregábanse os Premios de Innovación Educativa 2010 na Consellería de Educación e alí non podían faltar tanto Eric Carle como as súas singulares personaxes que tanta importancia xogaron neste logro acadado pola escola.
Dende este espazo web, non podemos deixar de agradecer, unha vez máis, a todas aquelas persoas que traballaron no proxecto (que foron moitas) e aportaron o seu gran de area.
PARABÉNS!!!
Moitas felicidades a todos os premiados e premiadas.
Lee a noticia - Consellería de Educación

No hay comentarios:

Publicar un comentario