O pasado domindo, 27 de marzo, celebrouse o
DÍA MUNDIAL DO
Dende a Biblioría tamén nos unimos a esta celebración e seguimos coas nosas actividades de animación á lectura; así, durante martes, mércores e xoves algunhas aulas do cole realizarán diferentes obras teatrais.
Aquí vos deixamos o programa dos actos:
Como poderedes observar, hoxe día 30, o alumnado de educación infantil foi o público durante a actuación dos nenos e nenas de 2ºA; representaron a obra teatral "A ratiña bambeada", adaptación do conto "A ratiña presumida" pola súa mestra Carmen.
A verdade é que o pasamos moi ben e foi unha representación moi interesante. A mestra Carmen comezou presentando a obra e, a continuación, algúns alumn@s de 2ºA foron representando a historia detrás dun teatrillo, e cuns títeres elaborados por eles mesmos, mentres que outros actuaban como narradores nunha das mesas da BiblioRía.
Aquí vos deixamos as imaxes da actuación e aproveitamos este blogue para felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras así como a súa mestra Carmen polo bo traballo realizado...
GRAZAS POLA ACTUACIÓN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario