viernes, 18 de marzo de 2011

O protagonista da semana: MIGUEL

O protagonista desta semana na aula de 5 anos foi Miguel e hoxe, venres 18 de marzo, recibimos na escola ao seu pai Miguel e a súa nai Ruth.
O primeiro que fixemos, coma sempre, foi presentar as actividades realizadas polo protagonista durante toda a semana; a continuación, chegou o turno da súa familia.
A súa nai, Ruth, amosounos unhas imaxes da vida de Miguel e, a continuación, disfrutamos dos seus xoguetes favoritos así como dos contos que máis lle gustan... e que compartiu con tod@s @s seus compañeir@s.
Posteriormente, Miguel e a súa nai, nos contaron un dos contos de Caillou que lle gustan ao protagonista e tamén ao resto do alumnado da aula.
Coma sempre, chegou a tradicional "rolda de prensa" na que os nenos e nenas da aula fixeron as preguntas que máis lles interesaban.
A sorpresa da mañá chegou case ao fin desta sesión de protagonista. O pai de Miguel dedícase á hostelería e trouxo uns moluscos que divertiron moito aos nenos e nenas... aínda que tamén algún tiña un pouquiño de medo.
Xa para rematar, o protagonista fixo entrega dunhas saborosas gominolas e nós fixémoslle entrega a súa familia do diploma que certifica a súa colaboración co proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario