viernes, 18 de marzo de 2011

Prantamos árbores

Onte, 17 de marzo de 2011, os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos de excursión no Monte de San Miguel de Oia... pero non estivemos mirando a paisaxe... estivemos a traballar!!!... PRANTAMOS ÁRBORES... uns fermosos carballos.
As persoas da Comunidade de Montes da zona botáronnos unha man nesta tarefa así como as nosas mestras e mestre.
Ás 10:30 horas da mañá, o autobús agardaba por nós ás portas do colexio... estabamos un pouco nervios@s e con moitas ganas de ir.
Unha vez alí, comezamos a nosa función... repoblar o monte. Pouquiño a pouco, puxemos a árbore, botásmoslle a terra por enriba, pisamos esa terra e, como non, deixamos cada un ao noso Landro colgado do carballo... todo isto entre unha terra un pouquiño "húmida" pola chovias de días anteriores... algún rematou cos pés cheos de lodo!!!

Traballo feito e... chega a hora da merendar!!!
Primeiro toca subir ata a zona escollida para tomar os bocatas así que comezamos a camiñar pouco a pouco e tod@s xunt@s ata chegar xunto da "nosa recompensa": uns saborosos bocatas de chocolate... mmm!!! ...boísimos!!!
De postre, zume de froitas e mazás... a merenda máis traballador@s!!!
Despois de merendar, xogamos un pouqiño e camiñamos polo monte na busca dun lobo que non apareceu pero parece que as súas pegadas andaban pola terra...
foi unha xornada moi divertida na que cumprimos a nosa función de contribuir á repobración dos montes.

Se queres disfrutar da totalidade das imaxes, podes facelo no apartado de Galerías da páxina web do cole. Para acceder, preme na ligazón que aparece aquí abaixo:


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=168

No hay comentarios:

Publicar un comentario