sábado, 14 de mayo de 2011

O protagonista da semana: ANXO

Este venres, 13 de maio de 2011, recibimos na nosa aula á familia do protagonista. Esta semana era o turno de Anxo e viñeron a pasar unha xornada con nós a súa nai e o seu pai.
O primeiro que fixemos, como xa é tradición, foi ensinar a todos os presentes as actividades que Anxo realizou durante a semana así coma os debuxos que os seus compañeir@s fixeron del.
 Unha vez rematada a presentación das fichas, tivo lugar unha proxección de imaxes do noso prota. O seu pai Anxo foi explicando a historia do seu fillo e o pasamos moi ben, sobre todo, coas fotos das súas viaxes.
 Posteriormente, Isabel, a súa nai, foi a encargada de facer a "presentación en sociedade" das mascotas de Anxo; dous peixes que, aínda que algún decidiu chamalos "sol e sombra", os seus nomes son Sol e Nubes.
Tamán nos ensinou os bonecos favoritos do protagonista... un oso e un crocodilo que Anxo, moitas veces cando era pequeno, se dedicaba a sacarlle a roupiña en lugar de durmir... un pouquiño trasto non???
 Un dos momentos mási interesantes foi cando lle preguntamos a Isabel cal era a súa profesión; ela nos dixo que traballaba no centro de saúde e que se dedicaba a facer radiografías... grazas ao seu traballo, puidemos descubrir como eran as radiografías e xogar un pouco con elas... puxémolas nas fiestras para as poder ver mellor e descubrimos o que era un marcapasos, miramos os osos dunha man, a cabeza, etc. moi interesante!!!
 Despois, chegou o turno do pai de Anxo que é mestre e quixo inculcarnos a importancia e o amor pola lectura... Un dos seus poetas favoritos e Manuel María e, dentro deste libro que temos da imaxe, hai un poema moi chulo que fala dun cuco e que o pai de Anxo recitou para todos nós.
 Como estamos na "hora dos libros" que mellor que continuar cos contos favoritos de Anxo. A engargada de facer de contacontos foi a súa nai que, moitos luns, tamén é contacontos nunha biblioteca.
O libro escollido foi "Historia da resurección do papagaio"
 ... como ao prota lle gustan moito os papagaios, tamén puidemos cantar e aprender unha das cancións do conto "Cancionero infantil del papagayo" chamada "Papagaio louro" así como unha canción de adiviña que fala dos dedos da man: meniño, paxariño, maior de todos, furabolos e matapiollos... sabiades estes nomes dos dedos da man???
 Un dos momentos onde máis nos divertimos foi cos xogos que fixemos no porche. Xogamos cos paillos chineses e o paracaidas. A verdade é que o pasamos moi ben e esperamos repetir!!!
O pai de Anxo foi monitor de tempo libre fai tempo e coñece unha morea de xogos. Cos palillos chineses tiñamos que ir sacando os paos pero sen mover os outros...
 ... co paracaidas, xogamos a tirar fóra as pelotas, ao gato e ao rato... encantounos!!!

 Para rematar a xornada, subimos á aula onde a familia do prota nos tiña preparadas dúas sorpresas. Por un lado, unhas peonzas feitas por eles e, por outro, unhas saborosas chuches.
 Nós tamén lles tiñamos un agasallo. O correspondente diploma que acredita a súa participación no proxecto. Soamente podemos dicir, coma sempre, 
MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario