miércoles, 4 de mayo de 2011

O son da auga


Hoxe, na aula de 4 anos e continuando co proxecto sobre a auga, decidimos investigar se ten son... Como non había forma de atopar o consenso, decidimos anotar nunha folla as nosas opinións; cada un dos nenos e nenas da aula colocou un gomet na súa resposta.
Unha vez completados todos, contamos cantas respostas tiñamos e as anotamos no papel... Chegaba o momento de investigar e descubrir... para iso, collimos un gran recipiente cheo de auga e decidimos escoitar o seu son pero... non escoitabamos nada.
Posteriormente, a mestra Paula proxectou co videoproxector da aula uns vídeos sobre diferentes fenómenos atmosféricos e sobre os sons do mar... Como podía ser que a auga non tivera son na aula e, moitas veces, si que tivera?
Imitamos eses fenómenos no cubo de auga... baleiramos unha botella de auga coma se fora unha cascada, collimos coas mans auga e a deixamos caer como se estivera a chover, sopramos con palliñas para facer os movementos da auga co vento, etc.
Investigando, investigando, descubrimos que a auga cando esta "parada" no ten son PERO SI CANDO SE MOVE.
Todo iso o anotamos na nosa folla de rexistro e a colgamos do corcho da aula...
A verdade é que o pasamos pipa e as mestra Emma e Paula nos prometeron que fariamos máis experimentos!!! así que... ata a próxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario