domingo, 15 de mayo de 2011

O sabor da auga

O pasado xoves, na aula de 4 anos, tivemos unha nova sesión de experiementos relacionados coa auga. Xa coñecemos se ten son e se ten cor... agora chega o turno do seu sabor.
Coma sempre, reflectimos nun papel as opinións do alumnado. Houbo para todos os gustos ("sabe a mar", "sabe a fresa", "sabe a menta", "non sabe a nada"...)
Unha vez que todos os da aula, puxeramos o gomet onde nos correspondía, decidimos facer a experimentación. 
Collimos vasos diferentes para facer sabores a amorodo, menta, auga salgada,... para iso, utilizamos sal que botamos na auga natural, un chupa-chups de amorodo, un chicle de menta,...
Agora tocaba ir probando eses sabores e comparar o que probamos coa auga natural que trouxemos da cociña... non nos gustou nada probar a auga salgada!!!... tampouco ao mestre Juanca ao que lle pedimos que tamén fixera a experimentación.
Despois de moito probar, chegamos á conclusión de que a auga NON TEN SABOR, NON SABE A NADA!!!
ATA O PRÓXIMO EXPERIMENTO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario