sábado, 18 de febrero de 2012

Celebramos o Entroido

Este venres, 17 de febreiro de 2012, celebramos a Festa de Entroido na escola.
Este ano, os nenos e nenas de educación infantil nos disfrazamos de piratas, en alusión ao proxecto de centro titulado "Suban a bordo, lean e naveguen".
Ás 11:30 horas da mañá, baixamos ao patio para realizan un desfile sobre unha "pasarela"; foi moi divertido pasear e desfilar sobre a mesma así como "posar" un pouquiño para que nos fixeran fotos... o resto do alumnado nos aplaudía e o pasamos moi ben.
Cando finalizou este acto, nos diriximos ás aulas para facer unha degustación de doces tradicionais de Entroido. GRAZAS á colaboración das familias, puidemos disfrutar de orellas, filloas, flores de Entroido, bicas,... mmm, boísimo!!!
Co estómago xa cuberto, un pouquiño de tempo de lecer no patio e a esperar que chegara a lectura do testamento e do xuízo do Meco.
Se queres coñecer máis datos desta festa, podes visitar a páxina web do noso cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/. En breves, poderedes disfrutar da totalidade das imaxes no apartado Galerías da web do colexio.

LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE A VOLTA ÁS AULAS SE REALIZARÁN O VINDEIRO XOVES, 23 DE FEBREIRO DE 2012 NO HORARIO HABITUAL.

Desexamos que pasedes unhas boas vacacións de Entroido!!!

4 comentarios:

  1. estades moi guapos disfrazados de piratas

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas; foi un día moi divertido. Os nenos e nenas estaban encantados cos seus disfraces!!!
    Dende aquí, GRAZAS ás familias pola aportación de doces para a merenda.

    ResponderEliminar
  3. He visto las fotos de todas las actividades y me han encantado. Es estupendo que los niños participen y se realicen tantas cosas.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas!!!
    A verdade é que estamos a disfrutar moito co proxecto "Suban a bordo, lean e naveguen" proposto pola BiblioRía do colexio. Os piratas encántanlle ao alumnado (e tamén ás mestras) e son moitas as actividades que estamos a desenvolver este curso escolar.
    Seguide moi atentos e atentas a este blogue xa que descubriredes todas as novas con respecto ao proxecto así como as diferentes actividades que se desenvolven.
    Saúdos

    ResponderEliminar