martes, 7 de febrero de 2012

Os piratas levan...

Como xa vos comentamos na entrada anterior, os nenos e nenas da aula de 3 anos tiñan que traer á escola un debuxo ou imaxe dun pirata. Grazas ás familias, puidemos contar con moitos exemplos para a realización da actividade.
O obxectivo era adiviñar cales eran os obxectos "típicos" dos piratas e se coincidían cos que apareceron na bolsa os pasados días.
Cada un dos nenos e nenas amosou o seu debuxo aos seus compañeiros e compañeiras. Nunha gráfica anotamos os obxectos "piratas" e colocamos un gomet cando no debuxo aparecía un deles (tamén elaboramos as gráficas coas pezas de construccións).
Así, puidemos elaborar unhas "estadísticas" para descubrir os obxectos presentes en maior e menor medida nos piratas.
 
Proximamente, publicaremos unhas gráficas para que vós tamén os coñezades... ata a próxima.

3 comentarios:

  1. Estáis realizando un estupendo trabajo con los niños, el mío viene muy motivado y le encanta todo lo que hace. Mucho ánimo!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polos vosos comentarios!!! A verdade é que este proxecto sobre os piratas lles encanta, están motivadísimos!!!
    Seguide atent@s a este blogue xa que atoparedes todas as novas das actividades que imos realizando.
    Saúdos

    ResponderEliminar