lunes, 6 de febrero de 2012

Sesións piratas e obxectos sorpresa

Nas aulas de 3 anos da escola, uns obxectos sorpresa estiveron a aparecer durante os días pasados; todos eles (de un en un) apareceron nesta simpática bolsa á que lle chamamos Pepi.
 
Todos xuntos (os da aula de 3 anos A e os de B) abrimos a bolsa cada día e descubrimos o obxecto segredo. 
Aquí vos deixamos coa última sesión na que nos atopamos cun gorro pirata.
Cada ocasión que a bolsa traia algún obxecto sempre aparecía pouco a pouco, tocamos, olemos, escoitamos, pensamos que pode ser, quen o pode utilizar, para que pode servir, expresamos a opinión, contrastámola coa dos demais, etc.
As sesións son moi divertidas xa que, entre todos, pensamos o que pode ser, respectamos o turno de palabra, nos axudamos, etc.
 Estes foron os obxectos que apareceron na bolsa durante varios días. Colocámonos no corcho da aula e lle puxemos o nome que pensabamos que tiñan.
 Posteriormente, puxemos en común todos os obxectos e decimos de quen poderían ser. 
Todos e todas o tiñamos bastante claro: pois dun PIRATA!!!
Decidimos seguir investigando e saber se os piratas levaban todos estes obxectos; así, consensuamos unha nota para as familias que escribimos no encerado.
Agora, as familias nos poderían axudar a atopar un debuxo ou imaxe dun pirata.
Continuará...

No hay comentarios:

Publicar un comentario