Esta semana , do 4 ao 8 de febreiro. a protagonista foi Ariadna.
(disculpade as molestias. Esta entrada xa foi publicada con anterioridade pero debido a motivos técnicos, a temos que voltar a publicar)
(disculpade as molestias. Esta entrada xa foi publicada con anterioridade pero debido a motivos técnicos, a temos que voltar a publicar)
ARIADNA
O luns día 4, na asemblea, Ariadna foi nomeada protagonista e, durante toda a semana, fomos coñecendo os seus apelidos, data de nacemento, as súas cousas favoritas: roupa, xoguete, conto..., o seu peso, medida, talla, nº de zapato, dirección, etc. Tamén vimos moitas fotos de cando era bebé, de cando está coa súa familia,... E, con todo isto, foise enchendo o recuncho do protagonista da nosa aula.
O venres día 8, recibimos a visita da familia na aula. Viñeron a súa mamá, o seu tío Miguel e unha das súas mascotas, a cadeliña Nara.
Ariadna mostroulles o traballo que estivo a realizar nesta semana, no seu libro de protagonista, e así, a mamá foinos contando algunha cousiña desas fotos que non sabiamos.
Os compañeiros tiñan curiosidade por saber cal era o seu nome, o traballo e cousas de cando era bebé, así coma tamén como se comporta cando está na casa. Deste xeito, soubemos que a mamá se chama Cristina, que traballa na Telepizza, aínda que algúns xa o sabían porque van por alí, que Ariadna foi un bebé moi bo e tomaba bos biberóns, que lle gusta moito xogar e tamén axudar na casa; é colaboradora e alegre.
A cadela Nara portouse de marabilla e os nenos e nenas estiveron encantados de que se deixara acariñar dese xeito.
E, xa para rematar, repartiron os agasallos: unha ficha de colorear e un saboroso palote.
Despedímolos, coma sempre, cun agarimoso aplauso e un diploma para agradecer a súa colaboración e implicación no proxecto.
GRACIÑAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario