viernes, 8 de marzo de 2013

O protagonista da semana: LUÍS

A semana do 25 de Febreiro ao 1 de Marzo, o protagonista foi:
LUÍS.
Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Luís: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus xoguetes favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...!
Como de costume, ensinóunos fotos de cando era bebé e amosóunos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou.

O venres día 1, tivemos a visita na aula dos seus pais, Carmen e Luís. Non lles foi posible traer ao seu animal favorito porque é a pantera!

Luisete, amosóulles o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas; comezamos preguntando os seus nomes e interesándonos polos seus traballos.
Tamén quixemos saber como é Luís na casa. Contáronnos que se porta ben, que xoga moito ao fútbol, ao golf (no seu xardín) e no ordenador, que fala moito, e debe de ser por eso que tamén bebe moito. Que lle gusta comer hamburguesas e marisco, sobre todo os percebes. Non lle gusta moito pintar, pero si ler. Tamén lle gusta ir ás clases de música, os luns pola tarde.
Despois nos contaron o conto favorito de Luís, que é “Cocorico”; gustóunos moito, sobre todo pola canción.
A continuación, recibimos un “Huesito” de agasallo, que acabou de endulzarnos a mañá.
E, como sempre, antes de rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario