martes, 19 de marzo de 2013

O protagonista da semana: IAN

Esta semana, do 4 ao 8 de Marzo, o protagonista foi:
IAN
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Ian: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...!

Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou. Pouco a pouco o recuncho foise enchendo coas súas cousas.

O xoves día 7, tivemos a visita na aula dos seus pais, Sonia e Constant. Esperabamos a unha das súas mascotas, a gatiña, pero non foi posible traela debido á choiva.

Ian, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana e, deseguido, chegou o momento das preguntas. Comezamos preguntando os seus nomes e interesándonos polos seus traballos.
Tamén quixemos saber como é Ian na casa. Contáronnos que se porta moi ben, que escoita moito aos seus papás, que xoga moito todo o día, que o seu xogo preferido é “ni si, ni no” e tamén a ”pita”.
Quere aprender a facer surf, pero de momento está aprendendo a nadar para poder despois ir a surf.
Hay comidas que non lle gustan moito coma o caldo e as verduras, pero que lle encanta o ovo con patacas fritidas (o prato estrela da nosa clase). Tamén soubemos que lle gusta traballar na casa: axuda a poñer a mesa, a lavar a louza e a arreglar o xardín, etc , e que lle gusta madrugar . . .

A continuación, Constance nos contou o conto favorito de Ian “Quel est ton nom caméléon? ”, un conto en francés que tiña unha canción cunha bonita música... ata aprendemos algunha cor en francés, gustounos moito.

Pero aínda había outro conto, “No eres tan temible, Tim”. Era dun monstruo que nos asustaba moito, pero ao final non era tan malo.

E chegou o agasallo. Sonia, a mamá de Ian, fíxonos unhas mochiliñas de coiro de cores, que contiñan duas canicas de cristal grandes para cada un. Estabamos desexando estrealas!

E, como sempre, antes de rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.

GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario