viernes, 22 de marzo de 2013

A protagonista da semana: PAULA

Esta semana, do 11 ao 15  de Marzo, a protagonista foi:
PAULA
Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Paula: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou... o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres 15, tivemos a visita na aula da súa mamá, Sara, xa que o papá non podía vir; pero a Sara non viña sola, veu acompañada da súa mascota, Popi.
Popi púxose moi nervioso ao ver tantos nenos e nenas que lle falaban ao mesmo tempo, así que tivemos que estar caladiños para que se tranquilizase... ate se fixo pis de contento, porque Popi está moi acostumado a xogar con Paula todo o día, coma se fose un boneco de verdade ou un irmán pequeño. Así, unha vez familiarizado coa aula deixouse acariciar por todos nos.
Paula amosoulle á súa mamá o traballo realizado durante a semana, e a continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas sobre Paula na casa dende que era bebé, etc.
Así soubemos que Paula foi unha bebé moi boiña, e que así segue a ser. Que axuda moito e lle gusta colaborar en todo, que está todo o día traballando sen parar. Que lle gusta moito ver a tele e que pinta sen parar. E todos pensamos: como na clase!
O que peor fai é comer. Come moi pouquiño e debería de comer máis para estar mais forte.
Tamén nos contou que vai a moitos sitios co seu irmán maior, Adrián, que ten 24 anos, e que cando está de viaxe “chatea” con el pola súa tablet con un programa que se chama “Chatón”
Fíxonos moita graza unha anécdota  que nos contou a mamá sobre Popi e Paula: Cando Popi chegou á casa tiña 2 meses e, nun descoido, comeuse o chupete de Paula; púxose tan maliño que o tiveron que levar ao veterinario que o tivo que operar para quitarllo da tripa.
Tamén nos contou que a familia de mamá é de un pobo de Castilla, e que ten un tío con síndrome de Down que gañou nas últimas Olimpiadas de Londres dúas medallas Paraolímpicas; que á volta da Semana Santa nos vai traer as fotos para que o vexamos. Paula síntese moi orgullosa do séu tío.
A continuación leunos un conto de rimas titulado: “Personajes de cuento”, mentres que Paula colaboraba ensinándonos os pop-ups do mésmo.
E, para rematar, tan doce mañá repartíronnos unhas regras de Bob-esponxa e uns caramelos.
 E como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímola cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario