Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa
compañeira Lucía: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantada de poder amosarnos
algunhas das súas cousas favoritas: peluche, xoguete, conto, que nos foi lendo e amosando as imaxes, e roupa, que nos amosou posando coma unha
modelo...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos
o pequeniña que era a súa roupa, que agora viste á súa boneca; coa cinta métrica comprobamos cánto
medrou,... e o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres 10, tivemos a
visita na aula da súa familia, que Lucía agardaba ansiosamente. Viñeron os seus papás, Celeste e Alberto, e o seu irmá
Pedro, que está na clase de 3º de primaria.
Lucía amosoulles o traballo realizado durante a semana, e a
continuación os compañeiros comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas
de costume: os nomes, os traballos, cousas que Lucía fai na casa, como era de
bebé, etc
Así, soubemos que Lucía
de bebé durmía e comía moito. Que agora que medrou madruga e xoga moito, que lle gusta moito
debuxar. Encántalle bailar e disfrazarse (o seu disfrace favorito é o de
“sevillana”) Bañarse coa bañeira chea de espuma, facer excursións polo monte
coa súa familia e cazar rás son outras das cousas que lle gusta facer. O seu
deporte favorito é o fútbol e por iso
está no equipo de S.Miguel
Contáronnos tamén que na casa se porta moi ben, que axuda
moito a limpar, facer a cama, poñer a mesa, etc.
Despois, Pedro, o seu irmá, leunos o conto: “Mis amigos del
mar” ao tempo que nos ía amosando as imaxes. Gustounos moito!
E para rematar esta sesión, Lucía e Pedro repartiron os
agasallos que nos trouxo a súa familia.
E como sempre, antes de
rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario