A semana, do 20 ao 24 de Maio, o protagonista foi:
DIEGO
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Diego: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . e tamén estivo encantado de poder amosarnos os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto . . . !
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa e coa cinta métrica comprobamos cánto medrou. Pouco a pouco o panel foise enchendo coas súas cousas.
O venres día 12, tivemos a visita na aula dos seus pais, Encarna e Jose, acompañados dalgunhas das moitas mascotas de Diego: os peixiños e o grilo.
Diego, amosoulles o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas, comezamos preguntando os seu nome e interesándonos polos traballos.
Tan curiosos como sempre, quixemos saber como foi Diego de bebé e que fai cando está na casa. Así soubemos que de bebé tomaba moito biberón, pero agora non come moito, aínda que si bebe moito. Que cando está na casa se pasa todo o día xogando, sobre todo ao futbol e coa bici, que o futbol é o seu deporte favorito e xoga no equipo de S. Miguel e que tamén lle gusta moito pintar. Que ve pouco a tele e tampouco lle gusta disfrazarse. O que si lle gusta tamén é dar paseos coa súa familia e ir a pescar cangrexos e peixes co ganapán. Cando está na cociña coa súa mamá gústalle axudarlle, sobre todo a facer postres.
Despois pasámolo moi ben participando no xogo de acertar as adiviñas de animais que Encarni, a mamá, nos leu nun libro moi chulo. Acertamos case todo!
Antes de rematar repartiron uns agasallos que estabamos desexando abrir. E quedamos guapísimos coas pulseiras tan chulas elaboradas por eles mesmos.
E como sempre, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario